A UE pagou máis de 160.000€ a un laboratorio de Wuhan para que experimentara con “virus exóticos”

A achega tivo lugar entre 2015 e 2019 baixo un programa chamado ‘Horizonte 2020’.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A cidade chinesa de Wuhan, de novo baixo o foco. A piques de cumprirse un ano dos primeiros rexistros de covid-19, a metrópole na que estalaron os contaxios ameaza con volver ós telexornais. A razón non é outra que a súa nebulosa relación co virus, un tema espiñento que durante o confinamento deu pé a non poucas teorías da conspiración.

A achega tivo lugar en 2015
A achega tivo lugar en 2015 | Fonte: EFE

A máis estendida facía fincapé en que China, tendo máis de 100 cidades dun millón de habitantes, conta co seu principal laboratorio vírico en Wuhan, xusto no epicentro dos contaxios. Con todo, científicos de todo o mundo lanzáronse a desmentir que o virus fose unha arma biolóxica, xa que non presenta características compatibles coas dun patóxeno creado en laboratorio.

Pero a sospeita perdurou impulsada polas características especiais deste superlaboratorio, o único en China con nivel de seguridade 4, o máximo no mundo. Estas medidas de prevención teñen por obxectivo, precisamente, evitar unha fuga; xa que o laboratorio de Wuhan é en realidade unha sorte de almacén para “recoller e caracterizar” virus, en palabras da propia institución.

En particular, o Instituto Vírico de Wuhan é coñecido por ter desenvolto investigacións sobre algúns dos patóxenos máis perigosos no mundo. Coñécese que no seu interior estudaron o comportamento do ébola, que provocou unha das epidemias máis mortíferas da historia de África entre 2014 e 2016. O patóxeno causante do SARS -protagonista doutro episodio epidémico, neste caso na propia China- tamén pasou polas probetas destes científicos chineses de elite .

'HORIZONTE 2020'

Nesta circunstancia, GC tivo acceso ao programa dunha subvención que detalla como a Unión Europea pagou 161.811€ ó laboratorio. Este investimento foi repartido en dous anos: en 2015 houbo dous ingresos por un total de 73.375€ que logo sería complementados en 2019 con 88.436€ máis.  Segundo recolle a Comisión Europea na súa páxina de transparencia, as achegas tiveron lugar no marco dun programa para “recoller, amplificar, caracterizar, estandarizar, distribuír e facer seguimento” de virus. A mostraxe recollería tanto patóxenos “de mamíferos” como “exóticos”; de acordo co laboratorio chinés.

O investimento realizado ó laboratorio de Wuhan, con todo, non tivo como obxectivo só o recinto chinés. De acordo co programa ‘Horizon 2020’, a UE repartiu un total de 10 millóns de euros entre máis de 20 laboratorios de todo o mundo, entre eles centros británicos, holandeses e alemáns. Todos co mesmo obxectivo: illar virus perigosos para estudalos e aprender a loitar contra eles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 nun chino ha de to

Xa sabia eu que por istes lares a axentes da cia infiltrados o estilo caso bourne e outros espias.... seres da redacción limpen rapidamente os espiones se non sera demasiado tarde!!!

2 ejHx

O 90% do que chaman covid son gripes, neumonías e patoloxías propias da idade.

1 Enrique Listo

Menudo escándalo, temos que saír da maldita UE que está a afogar á nosa nación galega. Risco non permitiría isto. Saída da UE xa!!!