Acada xa os 20.000 seguidores na súa canle de Tik Tok, onde o vídeo máis viral foi no que tocaba a canción de ritmo latino 'Dime si le comento a la pura' coa pandeireta. Hoxe o GC descúbreche a esta rapaza que ten moito arte!
  comenta   0
Realizado por voluntarios de Agareso, vai xa pola súa quinta tempada, con confirmación dunha sexta. O GC fala con Verónica, coordinadora deste programa, que nos conta como se xestou e como foi evolucionando.
  comenta   0
O GC fala co organizador da Liga da Xunta de Galicia de Break, Pablo Castiñeiras, do colectivo de cultura urbana Vella Escola, que nos explica que na nosa terra hai moitos mozos con talento que poden desputar os Xogos de Dakar 2026.
  comenta   0
Mar defínese como unha creadora exploradora da natureza e as súas pinturas de bocartes sobre follas e obras 'decoupage' sobre vieiras e ostras xa están causando sensación nas redes sociais.
  comenta   0
Leva case toda a súa vida na verbena galega da man da orquestra Cinema, da que forma parte dende hai 12 anos. É unha desas figuras que máis cariño esperta entre o público, pola súa simpatía e pola súa habilidade de facer de todo e facelo ben. Hoxe o GC coñece un pouquiño máis a este artista.
  comenta   0
Javier e Sonia son unha parella que fai cousa dun mes decidiu deixar toda a súa vida en Sevilla atrás para cumprir o seu gran soño: vivir viaxando e asentarse un tempo en Galicia. Agora están xa aprendendo galego e antes de irse xa sinten "morriña" de ter que deixar "unha terra e unha xente tan fermosa".
  comenta   0
Sara Rey, coordinadora da asociación A Mariña sen Plástico, asegura que eles se percataron destas boliñas o sábado pola mañá, pero que xa lles está escribindo xente que as detectara antes. As causas descoñécense.
  comenta   0
O Galicia Confidencial tivo a oportunidade de entrevistar a este adestrador antes da viaxe aos Xogos Olímpicos para comentar con el sensacións e repasar a súa traxectoria. Isto foi o que nos contou!
  comenta   0
Aínda que tan só dura 45 segundos, a cabeceira da serie ten moitas horas de traballo detrás. Fernando Serrano, GC Artist de Deluxe Spain, desvela como se xestou no congreso Mundos Digitales. Aquí cho contamos.
  comenta   0
O GC percorre os terreos colindantes coa mina coa Plataforma Mina de Touro-O Pino Non para coñecer de primeira man o impacto mediambiental que a súa explotación, agora mesmo só de áridos, esta tendo sobre o medio ambiente, despois de que a Xunta declarase a reapertura da mina como proxecto estratéxico.
  comenta   0
Este mozo de 18 anos está logrando que a música da gaita se viralice entre os adolescentes grazas ás súas versións con este instrumento de cancións populares de Quevedo ou Kiko Rivera.
  comenta   0
O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto, asegura que "todo depende de como fose o lume: da cantidade de biomasa que houbese na zona, da orografía do terreo e da meteoroloxía do momento". Con todo, ao arder maioritariamente eucaliptos, unha especie á que lle beneficia o lume, e non chegar o lume ás copas en moitas zonas, a recuperación debería ser máis rápida.
  comenta   0
Os dous foron trasladados ao Hospital de Cee. A rapaza foi a que levou o peor impacto.
  comenta   0
Pechado o parque comarcal do Carballiño e só dous bombeiros nos de Valdeorras, Xinzo e Verín. Os profesionais anuncian folgas e protestas. "Isto é un desastre ás portas da época do lume", advirten. A Xunta asegura que a responsabilidade é das deputacións, e a deputación, da Xunta.
  comenta   0
Na resolución das axudas para iniciativas de autobemprego aparecen como beneficiaria, entre outras, unha irmá da alcaldesa de Larouco. A deputación asegura que é un programa do Goberno central e que se limita "a cumprir as normas, comprobando que todos os proxectos presentados cumpren as condicións".
  comenta   3
Rueda di que aínda está agardando polas explicacións da secretaria de Estado de Transportes tras a última chamada de hai unha semana. "Se non as dan a Xunta non quedará cos brazos cruzados", dixo.
  comenta   0
Maite Rojo, patrona de barco e atleta, que xa narrou no GC as súas travesías polo Atlántico e Pacífico, agora volve a relatarnos como é o seu día a día patroneando un veleiro desde o Caribe ate Valencia polo Atlántico Norte.
  comenta   0
O control de positivos quedará restrinxido a unha pequena proporción da poboación considerada máis vulnerable. O contrato millonario da Xunta comprendía un ano de traballo pero apenas se prestaron tres meses. Neste período, houbo múltiples queixas polas deficiencias do servizo.
  comenta   0
Feijóo avanza decisións "previsibles" para a súa substitución e garante "estabilidade" en Galicia. Con todo, hai diversas sensibilidades no PPdeG que piden ter as súas cotas de poder no futuro organigrama da Xunta e do PP.
  comenta   3
Maite Rojo quedou de primeira na categoría feminina e quinta na xeral dunha esixente proba na que competiron corredores de 31 nacionalidades.
  comenta   0
A CIG convoca mobilizacións en todas as áreas sanitarias para demandar ao Sergas que poña fin á saturación da Atención Primaria: "en que gastan o diñeiro público e os fondos covid?".
  comenta   0
A saturación da sanidade galega comeza a traducirse en coercións aos traballadores da Atención Primaria, que aseguran que as xerencias de Santiago e Pontevedra os estarían obrigando a traballar en días libres. Aseguran que a escaseza de persoal, agudizada pola pandemia, vén de atrás e foi agravada pola falta de previsión do Sergas.
  comenta   0
Gabriel Rei-Doval presentou no Congreso Anual da Midwest Modern Language Association 2021 o seu proxecto en curso Viaxes sen Lee, que veu publicando en Galicia Confidencial nos últimos tres anos
  comenta   0
Trátase dun contrato de 117.000 euros que foi aprobado este 23 de agosto. A empresa da que é directiva a irmá de Feijóo tamén obtivo outra adxudicación de 104.000 euros o 22 de xuño.
  comenta   2
Sanitarios aseguran que a xerencia pechou dúas UCI por "falta de persoal" e para instalar un robot. Agora, a falta de camas estaría obrigando a trasladar pacientes críticos a outras unidades e suspender operacións cirúrxicas. A xerencia recoñece o traslado de pacientes pero non ve "previsible" ter que reabrir as outras UCI.
  comenta   0
O parque eólico Felga podería ter sido fragmentado de forma "irregular", á parte de proxectarse sobre unha zona na que, apuntan os veciños, a explotación eólica está prohibida.
  comenta   0
Este venres coñecíase o falecemento de José Manuel Galdo, un dos grandes activistas da esqueda en Ferrolterra e o principal colaborador da sección GCAberto, un espazo que este xornal ofrece aos seus lectores para expresar as súas opinións.
  comenta   0
Sanitarios do CHUAC aseguran que o hospital destina pacientes covid aos quirófanos ante a "saturación" das UCI. A CIG cifra nun 150% a ocupación e desminte o "50% que defende a Xunta", á que acusa de "manipular os datos".
  comenta   1
Sanitarios de UCI denuncian que o CHUS quebranta o protocolo do Goberno para a xestión da covid nos hospitais. “Un día podes estar traballando na UCI sucia e, ao día seguinte, ter que atender transplantados”, ilustra unha sanitaria. Detrás destas rotacións, apuntan, hai unha deficiencia “crónica” de persoal: “a Xerencia non fixo os deberes no verán”.
  comenta   2
Os sanitarios da unidade denuncian “falta de material básico”, entre o que contan mantas, almofadas e pezas fundamentais para o funcionamento dos respiradores. Critican o “mal estado” dos seus equipos de protección: “algunhas batas teñen parches por todos os lados”.
  comenta   2
A área de Ferrol ten ocupadas o 93% de camas de UCI. Nas últimas horas volveron trasladar doentes a outros centros hospitalarios ante unha situación de "presión importante". Os traballadores falan directamente de "colapso" e apuntan á Xerencia: “hai xente na UCI que nunca viu un respirador”.
  comenta   1
Os expertos piden regresar ao confinamento duro ante o aumento "histórico" de casos, que poderían seguir medrando ata “dúas semanas máis”. Co colapso das UCI ao axexo, as voces máis autorizadas son claras: "foi un erro permitir o Nadal".
  comenta   0
CESM pide a dimisión dun alto cargo do CHUAC por valerse, supostamente, de criterios "pouco transparentes" para repartir as doses. O Sergas nega esta denuncia e di que "non houbo ningún problema".
  comenta   0
A sala contará con 10 camas aínda que fontes consultadas aseguran que hai deficiencia de respiradores e persoal que o Sergas nega e destaca que a situación é "complexa pero controlada".
  comenta   0
Probas que se perden, positivos que ninguén rastrexa, pacientes con dúas PCRs nunha soa semana e outros obrigados a loitar para conseguila... estes son algúns dos "erros" na loita do Sergas contra a covid.
  comenta   0
Enfermeiras Eventuais en Loita anuncia mobilizacións contra este "abuso". "A Administración apoderouse da excepcionalidade da pandemia para restrinxir os nosos dereitos", subliñan.
  comenta   0
O xornalista e viñetista López lanza un novo libro humorístico no que o apóstolo pasea por Santiago en carne e óso, facendo vida normal cos veciños.
  comenta   0
Critican as xerencias por “obrigar” aos sanitarios a dobrar quendas ante a falta de persoal. Denuncian "acoso" dos superiores con chamadas "constantes" en días libres, pero tamén insultos e "ameazas". A falta de persoal, alertan, pode ter consecuencias fatais: “con esta dotación, pode morrer un paciente na mesma sala sen sequera darnos conta”.
  comenta   0