A Xunta recoñece dificultades e atrasos en obras licitadas polo incremento dos prezos

Rueda suliña que, en todo caso, a Xunta manterá asinfraestruturas que son prioritarias asumindo os sobrecostes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2023 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu dificultades e atrasos en numerosas obras licitadas polo incremento dos prezos e das materias primas provocado pola crise económica e a guerra de Ucraína. Entre elas hai grandes infraestruturas sanitarias (ampliacións de hospitais), de transporte (estradas e autovías) ou lúdicas ( complexos culturais ou deportivos), entre outros.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisa as obras de ampliación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisa as obras de ampliación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Galicia Confidencial publicaba este xoves que obras importantes para o Goberno galego anunciadas polo ex presidente, Alberto Núñez Feijóo, estaban sendo atrasadas e mesmo tiñan que volver a ser licitadas pola incapacidade das empresas adxudicatarias a realizar a obra co orzamento inicial.  É o caso do parque acuátioco de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, que saíu cun orzamento inicial de 4,7 millóns hai dous anos e agora tivo que ser relicitado por 5,7, un millón máis. 

"A Xunta aínda non fixo unha valoración global de todas as súas grandes obras, pero é certo que se reprogramaron algtunhas grandes infraestruturas", recoñeceu este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado por Galicia Confidencial.  Con todo, recoñeceu que nos orzamentos de 2023 xa se fixo unha provisión de fondos para actuar ante este tipo de imprevistos.

"Hai grandes infraestruturas que foron reprogramadas pero son prioritarias e serán realizadas", dixo Rueda asumindo que é a Xunta a que correrá cos gastos provocados pola nova situación económica e o incremento dos prezos.

Fontes consultadas por GC estiman nunha media dun 20% o incremento dos orzamentos das obras licitadas polo Goberno galego o que está provocando que algunhas das adxudicatarias pida rescindir o contrato coa Xunta ao non poder realizala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta