"Tomarase unha decisión, se procede, en función do resultado --do xuízo--", asegura o presidente galego sobre a multa. Di que a "foto" co presidente provincial deste xoves na presentación da candidatura de Pereiro de Aguiar ven dada polo compromiso que tiña co candidato, "ex director xeral de Interior comigo".
  comenta   0
Destacan que o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Sey ten capacidade para asumir as demandas educativas existentes na comarca.
  comenta   0
O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, animaron a máis concellos a unirse a esta rede.
  comenta   0
As obras de construción da primeira fase do parque acuático no Complexo Lúdico Deportivo de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar, acaban de licitarse novamente tras a renuncia da empresa adxudicataria cun importante incremento do orzamento orixinal.
  comenta   0
Torrado (PSdeG) critica que hai 105 vacantes de formación especializada sen convocar e Comesaña replícalle que o bipartito "cubría só o 70%"
  comenta   0
Un dos condenados, M., tentou alegar que a pesar de que unha das probas usadas foi a xeolocalización do teléfono móbil, só se detectaba que estivera na zona, pero non no lugar exacto onde se enterrou á vítima
  comenta   0
Trátase dunha obra que se retomará "canto antes" tras levar paralizada case dous anos pola crise de materiais, tal e como xustificou o mandatario galego. Por tanto, se non é posible abrilas antes do verán, "significaría esperar un ano máis".
  comenta   0
O 112 Galicia tamén puxo a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil que tratan de clarificar as circunstancias do suceso.
  comenta   0
Os forenses determinaron que recibiu "polo menos catro impactos importantes" no cranio porque presentaba "catro focos" que lle causaron a ruptura dos ósos do cranio en varios fragmentos, "golpes de suficiente entidade como para descartar a causa accidental, foi violenta".
  comenta   0
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao operario ferido, aínda que, finalmente, o home foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario.
  comenta   0
Unha emenda do Goberno central prevé recoñecer aos funcionarios de prisións como axentes da autoridade. Unha petición de 26 organizacións require aos grupos parlamentarios do Congreso non abrir a porta ao retroceso nos dereitos fundamentais e na dignidade das persoas presas. Falamos con Jorge del Cura, membro do Centro de Documentación Contra la Tortura.
  comenta   0
Deste nivel saen O Barco, Boiro e Cambados. As sete cidades seguen en nivel alto.
  comenta   0
"A sociedade ten un problema e o problema é que a xente que é asocial ou fixo dano á sociedade non se perde nin desaparece por metelos nun centro penitenciario. Isto hai que facelo visible". Falan os funcionarios das prisións de Teixeiro, A Lama, Monterroso, Bonxe e Pereiro de Aguiar. Este sábado concentraranse en Santiago de Compostela.
  comenta   0
A familia, "aliviada" por pór fin a un proceso que se prolongou durante tres meses, desde que Concepción morreu por covid o 13 de xaneiro.