Accidente dun autobús escolar en San Cibrao

Afortunadamente, condutor e acompañante sofren feridas leves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Un autobús escolar saíu da vía este xoves, sobre as 8,00 horas, cando viaxaba á alttura do quilómetro 5 da OU-0516, en San Cibrao das Viñas, segundo confirmaron fontes da Garda Civil en Ourense.

Os únicos ocupantes nese momento, a acompañante escolar e o condutor, sufriron feridas de carácter leve e, mesmo, nun primeiro momento non pediron asistencia, aínda que finalmente foron trasladados polo 061 e atendidos por sanitarios.

A Central de Atención ás Emerxencias 112 mobilizou medios ata o punto. Concretamente, acudiron efectivos dos bombeiros de San Cibrao, axentes da Guadia Civil de Tráfico de Pereiro de Aguiar e ao 061, que finalmente trasladou aos dous únicos ocupantes, aínda que as feridas non revestían gravidade.

OUTRA SAÍDA DE VÍA EN BOQUEIXÓN

Nesta mesma xornada tamén sufriu un accidente de tráfico, outra saída de vía, un autobús escolar en Boqueixón (A Coruña) que tamén viaxaba sen menores de idade. Oucrrió pasadas as 10 horas, á altura do quilómetro 8 da AC-960. Neste caso, tal e como informou o 112 a Europa Press, non houbo que atender aos ocupantes nin condutor de feridas.

Accidente de autobús escolar sen feridos. Non ían os nenos, só condutor e acompañante escolar, que resultaron ilesos
Accidente de autobús escolar sen feridos. Non ían os nenos, só condutor e acompañante escolar, que resultaron ilesos | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta