Aberto o prazo para o 'Concurso de Carteis' da Festa do Marisco 2026

O Concello do Grove vén de anunciar que está aberto o prazo de presentación de orixinais e publicou as bases na súa web.

Por Galicia Confidencial | O Grove | 16/07/2025 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

As bases, que foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local, están dispoñibles na web do Concello. O premio está establecido en 600 euros e os bosquexos poderán se entregados nas oficinas do Edificio Administrativo (rúa Alcalde Xacobe Barral) ata as 14.00 horas do 8 de agosto de 2025.

Concello de O Grove
Concello de O Grove | Fonte: Galipedia

O cartel, que terá unhas medidas de 30 x 45 cm en sentido vertical ou horizontal, deberá incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca) e as datas nas que terá lugar a seguinte festa (1 ao 12 de outubro de 2026), ademais de incluír expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove 2026”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta