Denegada a autorización ambiental dun parque eólico en Ourense polo seu dano a aves e elementos arquitectónicos

Trátase do proxecto de parque eólico Avoceta Wind, que se levantaría entre os municipios lugueses de Carballedo, e as localidades ourensás do Pereiro de Aguiar, Coles San Cristovo de Cea, Vilamarín e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/08/2024 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

A Xunta denegou a autorización ambiental ao proxecto de parque eólico Avoceta Wind, que se levantaría entre os municipios lugueses de Carballedo e Coles, e as localidades ourensás do Pereiro de Aguiar, San Cristovo de Cea, Vilamarín e Ourense, debido aos seus "efectos adversos" sobre patrimonio cultural e natural. Precisamente este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático polo que se fai pública esta declaración de impacto ambiental desfavorable.

O obxectivo da iniciativa era desenvolver un parque eólico con oito aeroxeradores e unha potencia total instalada de 48 megawatts. Na súa resolución, a Xunta explica que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural enviou un informe desfavorable debido á afectación do proxecto. En concreto, indica que na zona habitan especies de aves e quirópteros que están incluídos no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, polo que a infraestrutura "producirá efectos acumulativos e sinérxicos durante a fase de explotación".

Ao seu xuízo, un aumento dos xeradores eólicos xeraría "efectos adversos importantes" sobre a fauna. Entre outros motivos, o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural tamén explica que a liña enterrada de evacuación invadiría a contorna de protección de, polo menos, 16 elementos arquitectónicos e etnolóxicos.

Renovables, parques eólicos
Renovables, parques eólicos | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta