Por Galicia Confidencial | Muros | 22/08/2021 | Actualizada ás 22:41
Salvamento Marítimo decidiu suspender a busca dnha moto acuática con dúas persoas e que foi vista á deriva en augas da ría de Muros. O operativo de salvamento estaba centrando a busca fronte ao faro de Lariño, entre Carnota e Muros.
Segundo informa o GES de Muros, o operativo foi suspendido tras "as coprobacións oportunas" de Salvamento Marítimo. Ao parecer, e segundo fontes consultadas por GC, os mozos puideron ter abandonado a moto por algún problema técnico e nadaron cara a terra.
Salvamento Marítimo alertara a última hora do domingo aos barcos que se podían atopar na zona para que deran aviso se avistaban a moto que é de cor negra. No operativo participou o helicóptero Helimer 401 e a embarcación Salvamar Regulus.
A moto fora vista á deriva fronte a Lariño sobre ás 18.00 horas e nela ían dous mozos, un rapaz en bañador e unha moza loira tamén en bañador e con chaleco. Ás 21.00 horas foi avistada a mesma moto pero xa sen as persoas no seu interior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.