Un informe apuntaba que se “aforrou material” no tramo da A-6 colapsado levando “ao límite as posibilidades de prefabricación”

Na revisión realizada no verán 2021 atopáronse “altos niveis de corrosión no cableado da infraestrutura”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/06/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Nos últimos días, especialistas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, entre eles varios enxeñeiros de camiños, estudan o que puido pasar para que colapasara, por dúas veces, o viaducto do Castro na A-6, entre os municipios de Pedrafita e Vega do Valcárcel. Un colapso no que, afortunadamente non houbo feridos, xa que ese tramo leva desde o verán pasado cortado ao detectarse irregularidades.

Tramo do viaduto do Castro, na A-6,  que colapsou
Tramo do viaduto do Castro, na A-6, que colapsou

Precisamente, un informe realizado en 2003 e publicado na Revista de Obras Públicas, alertaba que nalgún dos tramos construídos entón, en concreto o que colapsou, optouse por “llevar al límite las posibilidades de prefabricación, obteniendo estruturas muy esbeltas, con un importante ahorro de material y una gran calidad final”.

Este estudo, realizado polos enxeñeiros de camiños Ángel González del Río e Ángel D. Martínez Cela, precisamente, os responsables dos tramos Vilafranca-Castro/Lamas e Castro/Lamas Cereixal, se indica que, na construción dos distintos tramos “se emplearon todo tipo de soluciones, desde las más industrializadas, construyendo viaductos casi íntegramente con elementos prefabricados, hasta los casos no vistos en España hasta la fecha, con dovelas prefabricadas para las dos calzadas con luces de 75 m”.

O informe indica que, noutros casos, optouse pola “ejecución del tradicional método de los voladizos sucesivos, en los casos de mayor luz entre apoyos de la autovía del noroeste, con 140 m, o casos intermedios de viaductos de gran porte en el que se llevan al límite las posibilidades de prefabricación, obteniendo estructuras muy esbeltas, con un importante ahorro de material y una gran calidad final”.

"ALTOS NIVELES DE CORROSIÓN"

O responsable de Estradas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Javier Herro, explicaba hai uns días, tras o colapso do viaduto, que durante o pasado verán decretouse o peche do mesmo despois de que fosen detectados “altos niveis de corrosión no cableado da infraestrutura”, cuxa reparación é responsabilidade dunha empresa galega "de referencia a nivel internacional".  Segundo especialistas en infraestruturas consultados por GC no caso do viaduto que caiu utilizáronse “estruturas isostáticas” que son prefabricados con cables de aceiro conectado entre eles

 

Herrero defendeu que a actuación de Goberno español e concesionaria foron os correctos e que o colapso puido deberse a un vicio na infraestrutura que non fora detectado até o momento ou que se desencadeou a consecuencia dos traballos. Con todo, pediu prudencia até coñecer as causas dun suceso que, segundo Ferreiro, carece de antecedentes na historia da enxeñaría civil de España.

 

Deste xeito, avanzou que se revisarán todos os elementos da infraestrutura, incluída as cimentacións sobre as que se asintan todos os alicerces do viaduto, ademais de proceder a tirar o van do viaduto que está desprazado como consecuencia do derrube, que motivará o peche indefinido da principal arteria de comunicación entre Galicia e o centro da Península.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta