Morre Galdo, un dos grandes colaboradores do GCAberto

Este venres coñecíase o falecemento de José Manuel Galdo, un dos grandes activistas da esqueda en Ferrolterra e o principal colaborador da sección GCAberto, un espazo que este xornal ofrece aos seus lectores para expresar as súas opinións.

Por Galicia Confidencial | Fene | 14/03/2021 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

José Manuel Galdo Fonte era de Fene e foi un dos grandes activistas da esquerda e do nacionalismo de toda a comarca de Ferrolterra, especialmente, nos anos oitenta e noventa do pasado século. Foi concelleiro de Urbanismo, como tenente de alcalde do BNG cando o rexedor era Xosé María Rivera Arnoso.

José Manuel Galdo Fonte
José Manuel Galdo Fonte | Fonte: Radiofusión

Foi integrante das candidaturas nacionalistas que gañaron as eleccións municipais nos anos 1983, 1987 e 1991. Como concelleiro realizou unha importante labor de humanización do concello e fomentou a creación de parques e de zonas axardinadas, así como a recuperación da contorna dos ríos e a apertura de novos viarios.

Durante os seus últimos anos estivo moi vinculado a Podemos, formación da que tamén acabou afastado e sendo moi crítico como manifestou nos seus últimos artigos no GC, mesmo o último, publicado este sábado. De feito, tras deixar a política municipal adicouse á escribir un blog no que deixaba claro a súa postura da evolución política da comarca, de Galicia e de España. Eses artigos Galdo tamén os publicaba no GCAberto, un espazo que este xornal ten a disposición dos seus lectores para que expresen as súas opinións ou notas de prensa, sendo un dos colaboradores deste espazo máis dinámicos.

Con Galdo marcha un dos grandes dinamizadores deste medio, unha mente crítica pero moi constructiva, especialmente, coas derivas da esquerda e do nacionalismo. Desde o GC mandámoslle un forte abrazo a amigos e familiares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta