Por que erraron os medios no caso de Manel Monteagudo, o home que dixo estar en "coma" 35 anos?

A falta de verificación nas informacións estase a convertir nun problema no xornalismo de hoxe en día.

Por Pablo Chao | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Como é posible que os diferentes medios de comunicación non verificaran dende un principio a historia de Manel Monteagudo ? A historia deste escritor vigués destapou os graves problemas que vive o xornalismo na actualidade, principalmente, a falta de verificación nas informacións e a loita polo clickbait, a busca rápida e a toda costa de lectores en Internet.

Manel Monteagudo de xoven e na actualidade
Manel Monteagudo de xoven e na actualidade | Fonte: Perfil

Moitos foron os medios de comuniación que levaron a información á portada como "algo sorprendente" destacando o feito de que un home estivera 35 anos en coma. Posteriormente moitos deles tiveron que borrar ou modificar a noticia ao coñecer que a información non era certa. Pero como foi posible chegar ata isto?.  GC intentará detallar a historia de Monteagudo ou de José Manuel Blanco Castro, o seu verdadeiro nome.

Nos últimos días fíxose "viral" a historia de Manel Monteagudo, un escritor que afirmaba pasar en coma 35 anos, despois dun accidente no seu barco en 1979 á altura de Iraq. Monteagudo sostén que foi no ano 2014 cando de despertou do coma e durante todo ese tempo foi a súa moza daquela e agora a súa muller Conchi quen o cuidou. Sen embargo hai moitas contradiccións xa que o propio Monteagudo cambiou a súa versión en varias ocasións. Versións que se podían consultar na propia rede

Por iso, a moitos medios locais galegos non lles pillou por sorpresa a noticia xa que eles xa eran coñecedores da historia. A revista Terra de Outes entrevistou a Monteagudo no ano 2020 e nesta xa facía referencia ao seu accidente e recoñecía que estivera tres meses en coma. "Ao cabo de tres meses do accidente recuperei o coñecemento pero tiven que ficar dous meses máis no Iraq porque os danos cerebrais eran moi graves e non podía falar nin camiñar nin moito menos valerme por min mesmo", sostiña Monteagudo.

Ademais desta entrevista, no ano 2019 La Voz de Galicia foi dos primeiros medios en darse eco da noticia, aínda que foi 5 anos despois de que Monteagudo despertara do seu suposto coma. Nesta información díse que estivo 64 días en coma pero titulábase afirmando que espertou tras 35 anos de "amnesia".

Tamén na propia biografía que figura del na Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, recóllese que estivo "prácticamente vexetal" durante 35 anos, "ata que en 2014 lle deron a alta médica". Pero foron os seus veciños en Noia, onde reside, os que realmente descubriron a verdade do seu caso ao suliñar en varias entrevistas que, realmente, facía vida normal desde facía anos.

RECOÑECE O SEU ERRO

O propio Monteagudo tivo que recoñecer ante a prensa que se lle foi das máns todo o acontecido. "Eu non estiven en coma en ningún momento pero si que é certo que caín dende 6 metros". "Tiña que cortalo antes e asumo toda a culpabilidade" concluía Monteagudo nun programa da TVE. En todo caso tamén o erro é grave por parte dos medios por non ter comprobado o verificado unha información que xa circulaba pola rede desde hai anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Herodes

Exacto, foi un problema de verificación. Xente que conta trolas, haina a esgalla. Os medios teñen que comprobalo.