O festival 'Revenidas' dá a coñecer os horarios dos concertos

O programa deste ano contempla máis de 30 concertos e sesións de Dj’s que acollerán os seus escenarios de Vilaxoán entre os días 11 e 14 de setembro.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 28/08/2025 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

O festival Revenidas vén de anunciar ao detalle os horarios dos máis de 30 concertos e sesións de Dj’s dos que poderá gozar o público do 11 ao 14 de setembro en Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa.

Concerto Revenidas (arquivo). Foto: Christian Pérez.
Concerto Revenidas (arquivo). Foto: Christian Pérez.

Segundo sinala a organización, o concerto do sábado 13 de setembro, ao mediodía, será quizais un dos máis agardados polos seguidores do festival e terá como protagonista a emblemática banda de punk-rock 'Lendakaris Muertos'. Ademais, esta actuación ten unha relevancia especial pois será o seu derradeiro concerto en Galicia antes do seu anunciado “parón indefinido”.

AXENDA E HORARIOS

XOVES 11

17.50: A Duendeneta

18.20: Hugo Guezeta (Escenario Galicia)

19.20: Dick Move (Escenario Vibra Mahou)

20.20: The Rapants (Escenario Galicia)

21.35: The Baboon Show (Escenario Vibra Mahou)

22.45: A Duendeneta

23:15: Dubioza Kolketiv (Escenario Galicia)

00.40: Sanguijuelas del Guadiana (Escenario Vibra Mahou)

01.50: Buhos (Escenario Galicia)

03.00: Galician Army (Escenario Vibra Mahou)

XOVES 12

16.30: A Duendeneta

16.50: Seitura (Escenario Galicia)

17.45: J Martina (Escenario Vibra Mahou)

18.50: Sés (Escenario Galicia)

20.00: Les Testarudes (Escenario Vibra Mahou)

21.00: A Duendeneta

21.30: Fermin Muguruza (Escenario Galicia)

23.40: Sons of Aguitte & Scila (Escenario Vibra Mahou)

00.40: Baiuca (Escenario Galicia)

01.55: Svetlana (Escenario Vibra Mahou)

02.55: Talco (Escenario Galicia)

SÁBADO 13

11.00: A Duendeneta

11.30: Filloas (Escenario Vibra Mahou)

12.30: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia)

13.45: A Duendeneta

14.15: Monoulious Dop (Escenario Vibra Mahou)

15.20: Mondra (Escenario Galicia)

16.35: F.R.A.C. (Escenario Vibra Mahou)

17.30: Dakidarría (Escenario Galicia)

19.00: Bewis de la Rosa (Escenario Vibra Mahou)

20.05: Heredeiros da Crus (Escenario Galicia)

21.20: A Duendeneta

21.50: Onza (Escenario Vibra Mahou)

23.00: Riot Propaganda (Escenario Galicia)

00.30: La Élite (Escenario Vibra Mahou)

01.40: La Fúmiga (Escenario Galicia)

03.00 Omiri (Escenario Vibra Mahou)

Fin de Festa: Yaya Dj (Escenario Vibra Mahou)

DOMINGO 14

12.30: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)

13.00: Concerto Punkinfantil (Escenario Deleite)

13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha)

14.15: As do Xeito (Parque Dona Concha)

15.30: Mekánika Rolling Band (Parque Dona Concha)

17.15: Gala de Circo Solidaria (Escenario Deleite)

19.45: Orquestra Bravú Xangai (Escenario Vibra Mahou)

21.15: Terrae (Escenario Vibra Mahou)

ACTIVIDADES PARALELAS

A organización do festival en vindeiras datas dará a coñecer as actividades paralelas e tamén os 'Concertos a Bordo' que completarán a axenda deste evento esencial na axenda de festivais de setembro.

Revenidas conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que conecta a artistas e público arredor da música en vivo, e tamén da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

ENTRADAS, ABONOS E ACAMPADA

Ata o luns 1 de setembro, data na que se modificarán os prezos, os abonos e as entradas por día poden mercarse a través das páxina web www.revenidas.com. Os abonos co importe de 69 euros + gastos de xestión; e respecto ás entradas: xoves 35 euros + gx, venres 35 euros + gx, sábado 40 euros + gx e domingo de balde.

As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar na web o acceso á acampada por un importe de 15 euros no Rial e 10 euros na Pelada, ambas con servizo circular de bus gratuíto. Os posuidores de entrada de día tan só poderán reservar a acampada na Pelada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta