Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2025 | Actualizada ás 11:16
O Servizo Galego de Saúde publicou, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), a convocatoria do concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador social. Tal e como trasladou nunha nota de prensa, o número de prazas ofertadas é de 57, das cales 24 son para a quenda de acceso libre, 29 de promoción interna e 4 pola quenda de discapacidade xeral.
Nesta liña, as persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación por categoría, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE). O prazo de inscrición de participación no proceso empeza o 29 de agosto e acaba o 30 de setembro de 2025.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.