Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 10:33
Dous internos da prisión de Monterroso (Lugo) tentaron fuxirse do cárcere na madrugada deste venres, pero o intento de evasión foi interceptado por efectivos da Garda Civil no propio muro do centro.
Segundo confirmaron fontes penais, trátase de dous presos "comúns" e "non especialmente perigosos" que se atopaban no segundo grao penal.
Na madrugada deste venres, os dous presos, que "non tiñan un comportamento especialmente conflitivo", saíron da cela e foron interceptados por axentes da Garda Civil cando tentaban, xa fóra das súas celas, sortear o muro.
Un deles resultou ferido nunha perna polo que foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti, mentres que o outro fuxido xa se atopa "custodiado" no cárcere de Monterroso.
Agora ambos os presos serán illados, ata que Institucións Penais resolva a investigación sobre este intento de fuga. O que xa apuntan fontes da prisión é que probablemente "serán trasladados a unha prisión de máxima seguridade".
Nos anos que leva funcionando o cárcere de Monterroso aínda non se produciu ningunha fuga con resultado positivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.