Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/05/2013 | Actualizada ás 09:00
A Consellería do Medio Rural e do Mar anunciou o reforzo do dispositivo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia para o ano 2013. O Goberno Galego promete a contratación de 275 brigadas por parte dos concellos. Con todo, estes plans non convencen ao sindicato FSP-UGT.
A central asegura que o Executivo o que fai é "fomentar a economía do lume, a descoordinación dos medios, os contratos en precario sen preparación e sen formación para unha actividade tan esixente como a extinción de incendios". É máis, UXT denuncia que se pon en risco a vida dos traballadores do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios (SPDCIF) da Xunta de Galicia.
A Consellería do Medio Rural e do Mar equivócase, na súa opinión, ao incrementar as entidades que participan na prevención e extinción, en vez de incrementar apostar polo dispositivo propio da Xunta. Segundo a central, no Servizo autonómico actualmente seguen sen cubrir máis de 200 prazas de persoal de extinción directa. Os contratos de brigadas municipais supoñen "un paso atrás, ata o ano 2006, camdp se deixou de realizar estas contratacións, volvendo a políticas clientelares que só buscan votos en vez de operatividade e funcionalidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.