Temas: MELIDE BOMBEIRO

Trasladan a tres persoas afectadas por inhalación de fume despois dun incendio nun local en Melide

Segundo informa o 112, os feitos sucederon na Rúa Cantón de San Roque, á altura do número 9.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/11/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Un incendio declarado na cheminea dunha churrería en Melide saldouse con tres persoas afectadas que tiveron que ser trasladadas ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume, unha frixidora calcinada e diversos danos orixinados nas dúas plantas do inmoble pola propagación de gases durante incendio.

Ademais, un axente da Policía Local que traballaba no operativo foi atendido tamén por intoxicación de fume.

Segundo informa o 112, os feitos sucederon na Rúa Cantón de San Roque, á altura do número 9.

A VOZ DE ALERTA DÉRONA VARIOS PARTICULARES

O suceso produciuse preto das 10,30 horas e foron varias persoas particulares as que alertaron do lume ao 112 Galicia.

A continuación, o servizo de emerxencias deu aviso aos Bombeiros de Arzúa, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Protección Civil e aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Temas: MELIDE BOMBEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta