Temas: OURENSE

As xuntas de área do goberno local de Ourense reactívanse entre críticas da oposición

Reómanse logo de meses de inactividade.

Por E.P. | Ourense | 19/11/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

As xuntas de área do goberno local de Ourense retomáronse este xoves tras tres meses de inactividade, entre críticas de partidos da oposición. De feito, PP e BNG sinalaron que regresaron pero critican que "non deron respostas ás preguntas, que é a súa función".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

As áreas atópanse divididas entre o rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, e dous concelleiros, Armando Ojea e Telmo Ucha. Máis de 20 áreas entre tres persoas, unha cuestión que centra as críticas da oposición.

Flora Moure, portavoz do Partido Popular municipal, asegurou que "a parálise e a inacción é a máis preocupante da historia" acusando o "microgobierno" de ser "incapaz" de xestionar e de render contas ante a oposición sobre o traballo que "din estar a facer".

Así mesmo, asegurou que o labor dunha xunta de áreas é "dar conta das accións nas áreas do goberno" e lamentou que, ante as preguntas do seu partido, non obtiveron respostas.

O Partido Popular expuxo que en materia económica preguntaron pola situación dos orzamentos para 2021, en área social, entre outras cuestións, de onde proviría o importe para os premios do concurso de escaparates e decoración de nadal, así como as bases do mesmo; e sobre turismo, os avances na rehabilitación da chavasqueira.

Aseguraron que non obtiveron respostas, lamentando o mal funcionamento.

Neste sentido, o BNG notificou "a satisfacción" da continuación deste servizo "da oposición e os veciños" para poder exercer, "a tan necesaria función fiscalizadora" do goberno.

No entanto, do mesmo xeito que o Partido Popular, criticaron que, a composición actual do equipo de goberno, "acumula moitas áreas en apenas tres persoas", sinalando que as reunións convértense en "inoperativas e pouco produtivas".

A formación lamentou que "son moitas preguntas a tratar e escaso o tempo do que se dispón". Afirmaron que, se chegaron a constatarse temas como a PXOM, do que denunciaron que "a pesar do manifestado en sesións plenarias anteriores", o concello aínda non remitiu toda a documentación requirida ao goberno autonómico.

Con todo, o BNG denuncia que "foron poucas respostas" para "moitas preguntas expostas" pero, "confían" en que a situación "cambie" nas próximas convocatorias.

Temas: OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta