Ducias de colectivos galegos piden unha moratoria para novos parques eólicos e outro marco regulador para esta enerxía

Lanzan o manifesto 'Aldeas con Horizonte'.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/11/2020 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal e cultural, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos lanzan as manifesto 'Aldeas con Horizonte' polo que demandan unha moratoria para novos parques eólicos. Así mesmo, piden a revisión dos xa aprobados "nos que haxa conflito social e/ou ambiental" e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova un modelo de implantación desta enerxía "máis ordenado, sustentable, social, participativo, xusto e racional".

Eólicos de Paradela
Eólicos de Paradela | Fonte: Cedida.

Quen asinan o manifesto, segundo sinalan que pretenden "alertar sobre a ameaza que está a supor para o rural galego a actual implantación de parques eólicos e que segue un modelo depredador e abusivo coas comunidades locais".

Ademais, afirman que "desatenden a normativa actual en materia ambiental, patrimonial e paisaxística". O manifesto propón 15 principios básicos para "guiar" a nova normativa de desenvolvemento eólico en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta