Muxía, Dumbría e Cee próximas localidades onde Sanidade realizará cribados en servizos esenciais e grupos de idade

O conselleiro de Sanidade declarou que se tomarán "todas as accións" que os expertos e a profesionais da área sanitaria indiquen como adecuada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade, de acordo cos criterios dos especialistas, realizará cribados de covid-19 en servizos esenciais, determinados colectivos profesionais e grupos de idades dos municipios coruñeses de Muxía, Dumbría e Cee.

Así o explicou o conselleiro, Julio García Comesaña, durante unha visita ao recentemente reformado PAC de Cee, onde lembrou que esta área é unha das que agora mesmo preocupan aos expertos do comité clínico pola evolución do coronavirus, máis concretamente os municipios de Muxía e Dumbría.

Estes dous concellos, para os que non se tomaron, polo momento, medidas restritivas adicionais, están "en observación", apuntou García Comesaña, que avanzou que este venres volverá revisar " a súa situación" o subcomité clínico.

En función dos datos, destacou, tomaranse "todas as accións" que os expertos e a profesionais da área sanitaria indiquen como adecuadas. Entre elas, avanzou un cribado polos servizos esenciais dos concellos de Muxía, Dumbría e Cee, así como por determinados grupos de idade e colectivos profesionais que "os sanitarios suxiran".

REFORMA DA PAC

Durante a súa visita, Julio García Comesaña eloxiou a intervención de reforma realizada no PAC de Cee, un espazo que xerou unha "alta satisfacción" tanto en profesionais como en usuarios.

O traslado destas instalacións ao Centro de Saúde da localidade permitiu "liberar espazos" en Urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira para "facer máis claros" e cómodos os circuítos dobres para pacientes con sintomatología respiratoria.

O conselleiro lembrou que tanto esta PAC como o hospital de Cee son equipamentos "fundamentais na asistencia" sanitaria da comarca, apostando por "achegar os servizos" á poboación.

As obras de reforma supoñen a adaptación dunha superficie total de 390 metros cadrados, cun investimento de 150.000 euros, entre dotación e obra. As novas consultas de pediatría e xinecoloxía, que se sitúan no espazo que ocupaba a sala de reunións do centro, supoñen unha superficie de 100 metros cadrados e contarán con catro consultas, das que dúas serán de pediatría.

A novo PAC, que se sitúa na zona onde con anterioridade estaban localizadas as consultas de Pediatría e Xinecoloxía, facilitando un mellor aproveitamento do espazo, contará cunha superficie de 290 metros cadrados que se distribuirá nunha sala de espera para pacientes, catro consultas médicas, tres almacenes, baños e zona de estar para o persoal.

O Conselleiro de Sanidade visita as novas instalacións da PAC de Cee.. XUNTA
O Conselleiro de Sanidade visita as novas instalacións da PAC de Cee.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta