PSdeG reclama que a Xunta explique no Parlamento os novos contaxios en residencias como a de Gondomar

Nun comunicado remitido aos medios o PSdeG reclamoulle ao Goberno galego que actúe "de inmediato" para implantar un protocolo de evacuación de positivos e reforzo de recursos nos centros residenciais e nos equipos de inspección.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A portavoz de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, instou á Xunta a explicar no Parlamento de Galicia os últimos contaxios masivos por coronavirus nas residencias de maiores de Galicia, como os detectados esta semana no centro Vila do Conde de Gondomar.

Nun comunicado remitido aos medios, a responsable socialista reclamoulle ao Goberno galego que actúe "de inmediato" para implantar un protocolo de evacuación de positivos e reforzo de recursos nos centros residenciais e nos equipos de inspección.

A responsable socialista lembrou que o Goberno galego conta coa competencia exclusiva na xestión das residencias e cualificou de "intolerables" estes contagios "abruptos e masivos" en determinadas residencias que requiren da "actuación inmediata" do Goberno galego "extremando os protocolos baseados na prevención e impondo devasa onde xurdan os positivos".

Mariña Ortega advertiu que os protocolos de protección dos maiores "están a fallar" despois dos 67 residentes e 15 empregados da residencia de Gondomar coñecidos este xoves, co que suman 89 residentes e 16 traballadores positivos.

Tras iso, censurou que no pleno desta semana o PP se negase a apoiar unha proposta do PSdeG para pedirlle á Xunta un plan específico de evacuación que habilite o traslado de positivos a un centro intermedio para persoas que non necesiten de hospitalización e frear así a cadea de contaxio.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,  PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta