Absolto un mozo acusado de abusos por entender que a súa capacidade intelectual é inferior á súa idade

O tribunal tamén recalca que "as posicións do acusado e da menor nas relacións sexuais mantidas son próximas en canto ao grao de desenvolvemento ou madurez" e, por tanto, conclúe que non existe delito de abuso sexual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu dun delito de abusos sexuais a un mozo de 20 anos que mantivo unha relación sentimental cunha menor de 13, ao considerar que a súa capacidade intelectual "é inferior" á media da súa idade e, por tanto, non distaban tanto da da súa parella.

O mozo iniciou no ano 2017 unha relación sentimental cunha moza mentres esta residía nun centro de menores de Vigo, un noivado que, posteriormente, continuaron vivindo xuntos no domicilio da nai del. Durante este período, mantiveron relacións "consentidas", explica a sentenza, como consecuencia das que a menor quedou embarazada.

Analizados os feitos, a Audiencia considera, con todo, que non se trata dun delito de abuso sexual, aínda sendo el maior de idade e ela menor de 16 anos, dado que o acusado ten "unha capacidade intelectual inferior á media que corresponde á súa idade", polo que tanto el como a súa parella presentan "un grao de madurez semellante para determinarse no ámbito sexual".

"Ningún dato existe que permita concluír que o consentimento estivese viciado ou que as facultades da menor estivesen anuladas, diminuídas ou afectadas dalgunha maneira relevante ou que concorrese algunha circunstancia que lle impedise outorgar o consentimento de maneira libre e voluntaria", subliñan as xuízas na sentenza, na que indican que "tampouco consta que o consentimento estivese viciado pola superioridade ou influencia exercida polo acusado sobre a menor, que non mostra ningún indicio de temor cara a el".

O tribunal tamén recalca que "as posicións do acusado e da menor nas relacións sexuais mantidas son próximas en canto ao grao de desenvolvemento ou madurez" e, por tanto, conclúe que non existe delito de abuso sexual.

Xulgados . EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados . EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta