Galicia achegase aos 1.200 mortos pola Covid tras o falecemento de 12 persoas

Houbo catro mortos en Ferrol, catro en Vigo, dous na Coruña, outro en Pontevedra e outro en Cee.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/11/2020 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este martes o falecemento de seis persoas infectadas con coronavirus en Galicia, co que a cifra total de mortes desde o inicio da pandemia na comunidade elévase a 1.188.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Vigo e Ferrol foron os lugares con máis falecidos. Así, no Centro Hospitalario de Vigo morreron un home de 79 anos e unha muller de 93 e outras dúas de 103 e de 87 anos na Residencia para  persoas maiores  Ballesol, tamén de Vigo. Pola súa banda, en Ferrol morreron catro homes de 82, 86, 81 e 72 anos. 

Tamén houbo dous mortos na Coruña, un home de 93 anos e outro de 87, outro falecido de 92 anos no Hospital  Virxe da Xunqueira de Cee e unha muller de 72 anos en Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta