A Xunta pecha perimetralmente Galicia durante a ponte

Os membros do Comité Clínico consideran "prioritario" protexer a mobilidade desde e cara a Portugal, dada a elevada incidencia de coronavirus que presenta esta área.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia comunicou este mércores ao Goberno central que procederá a pechar perimetralmente o conxunto da comunidade durante a próxima ponte de decembro, para evitar o risco de desprazamentos, especialmente desde e cara a Portugal. En concreto, a comunidade permanecerá pechada entre as 00.00 horas do próximo venres, 4 de decembro, e as 00,00 horas do mércores, día 9.

A decisión tomouse despois de que os membros do Comité Clínico considerasen "prioritario" protexer a mobilidade desde e cara a Portugal, dada a elevada incidencia de coronavirus que presenta esta área.

Aínda que inicialmente se barallou a posibilidade de reclamar ao Goberno central, a través de Exteriores, o peche desta fronteira, finalmente, considerouse que non procede "facelo por partes". Deste xeito, Galicia toma a decisión de permanecer pechada durante esas xornadas, o que tamén evitaría entradas e saídas desde outros puntos de España. Aínda que a maioría das comunidades xa trasladaron a súa intención de pecharse perimetralmente eses días, hai algunhas que aínda non manifestaron a súa opción.

Durante a rolda de prensa celebrada esta mañá para dar conta das novidades do plan de desescalada proposto por Executivo galego en consonancia coas recomendacións do comité clínico, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu dos riscos de empeorar a situación epidemiolóxica se se incrementa a mobilidade durante eses días. "Imos mandar unha mensaxe moi clara aos galegos", dixo o xefe do Executivo galego, que os instou a "non viaxar na ponte".

Dous axentes pairan a un vehículo nun control realizado no Carballiño, Ourense, Galicia (España), a 15 de outubro de 2020. Desde hoxe, a Xunta limita as entradas e saídas das localidades ourensás de Carballiño, O Irixo e Boborás, que quedan delimi. Rosa Veiga - Europa Press
Dous axentes pairan a un vehículo nun control realizado no Carballiño, Ourense, Galicia (España), a 15 de outubro de 2020. Desde hoxe, a Xunta limita as entradas e saídas das localidades ourensás de Carballiño, O Irixo e Boborás, que quedan delimi. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta