Estupor nun edificio de Sada tras a queima de todos os felpudos

O incidente está xa a ser investigado pola Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Os servizos de extinción de incendios actuaron na noite do mércores nun edificio de Sada no que os veciños se viron sorprendidos ao percartarse de que os felpudos que había á entrada das súas casas atopábanse en chamas.

O suceso tivo lugar ao fío das 22,00 horas do mércores nun inmoble da callae Sanjurjo Badía do municipio coruñés, segundo informa o CIAE 112 Galicia. Alertados polo fume que se propagaba polas zonas comúns edificio e ante a imposibilidade de coñecer a orixe do mesmo, os veciños chamaron aos bombeiros para que acudisen ao lugar.

Unha vez alí, os bombeiros comprobaron que a orixe da fumareda estaba en que varios felpudos das casas estaban en chamas. O episodio, que foi posto en coñecemento da Garda Civil para que investigue os feitos, provocou que unha das veciñas tivese que recibir atención sanitaria ao presentar un cadro de intoxiación por inhalación de fume.

Felpudo
Felpudo | Fonte: Amazon

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta