Tres conselleiros para anunciar 2.600 empregos nas obras do hospital "Gran Montecelo"

Terá 720 camas, 120 máis que as actuais. A Xunta non aclara se tamén dará paso á iniciativa privada como no caso do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2020 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

As obras do 'Gran Montecelo' arrincarán en xuño o próximo ano e permitirán mobilizar máis de 2.600 empregos. A Axencia Galega de Infraestruturas licitou este luns a primeira fase das actuacións.

Así o anunciaron o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, nun acto en Pontevedra

Ethel Vázquez referiuse a esta obra como "un dos grandes retos" da Xunta de Galicia, que afronta como o seu "desafío máis inmediato" ao tratarse do contrato "de maior envergadura dos últimos anos en Pontevedra". A esta primeira fase destinaranse preto de 130 millóns de euros e contémplase un prazo de 42 meses para construír un novo edificio de dez plantas, cuxos traballos de execución espérase que non alteren a actividade no hospital existente.

Ademais o proxecto ten un deseño que deixa previstas futuras ampliacións que poidan xurdir. O Gran Montecelo terá 720 camas, 120 máis que as actuais, e haberá un incremento do 92% nos postos de urxencias e do 50% nos do hospital de día.

A conselleira de Infraestruturas explicou que esta é a segunda licitación do Gran Montecelo, posto que a primeira tivo que ser anulada nunha decisión "difícil pero necesaria" e que agora, unha vez revisado o proxecto, incrementouse a licitación en 15 millóns de euros respecto ao inicial "para garantir a súa viabilidade".

Unidade do Hospital Montecelo de Pontevedra. XUNTA - Arquivo
Unidade do Hospital Montecelo de Pontevedra. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta