O pazo de Meirás xa é do Estado 82 anos despois da súa entrega ao dictador Franco

Decenas de persoas concentráronse diante do inmoble chamando "okupas" aos Francos. Pola súa parte, o alcalde de Sada cualificou esta xornada como "histórica".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/12/2020 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A comitiva xudicial atópase xa no pazo de Meirás para proceder ao acto de entrega do inmoble ao Estado, de acordo coa execución provisional da sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que condenou aos Franco á súa devolución.

No acto participan os técnicos da Xunta que realizaron o inventario de bens -un total de 697, segundo o seu informe, entre eles aveños persoais, pero tamén numerosas pezas de valor histórico e artístico- xa que antes da firma do documento onde se formalizará a entrega do inmoble verificarán que os bens están no mesmo estado que cando se fixo a inspección ocular.

Unha vez que teña lugar o trámite xudicial de entrega de chaves do pazo ao Estado, previsto para as 12,30 horas e que se fará na Torre da Quimera -onde se atopa a biblioteca de Emilia Pardo Bazán-, o pazo pasará, de forma provisional, á espera dunha sentenza definitiva, a ser patrimonio público tras 82 anos en posesión do Franco.

Pazo de Meiras. EUROPA PRESS - Archivo
Pazo de Meiras. EUROPA PRESS - Archivo

A esta firma, que non contará coa presenza de representantes políticos, asistirán a avogada xeral do Estado, Consolo Castro, e a subsecretaria do Ministerio de Facenda, María do Pilar Paneque e prodúcese ante unha ampla expectación de medios de comunicación e cunha decena de persoas ás portas do pazo con carteis reclamando a súa devolución ao pobo galego e cualificando de "okupas" aos Franco.

"DÍA HISTÓRICO"

O alcalde de Sada (A Coruña), Benito Portela, cualificou de "día histórico" a xornada de entrega provisional do Pazo de Meirás por parte da familia Franco.

Ás portas do Pazo de Meirás, Benito Portela reclamou que as visitas a este inmoble declarado ben de interese cultural poidan ser diarias e lembrou que, desde o inicio do proceso, o Consistorio de Sada reclama participar na xestión do pazo a través dun convenio entre as administracións e asumir a xestión das visitas.

"LOITA DEMOCRÁTICA E REIVINDICATIVA DE XENTE COMPROMETIDA"

Carlos Babío, coautor do libro 'Un pazo, un caudillo, un espolio', expuxo, en declaracións aos xornalistas ás portas do pazo de Meiras, que "que o pazo pase este xoves a patrimonio público débese á loita democrática e reivindicativa de xente comprometida" e lamentou o contido da reunión do mércores pasado, que cualificou de "vergoña social".

"Fixeron negacionismo da representación", dixo ao argumentar que para definir os usos débese ter en conta aos sectores sociais que participaron dunha ou outra maneira na reivindicación do pazo para o patrimonio público. "Óbviase esa participación", censura. En particular, criticou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, do que dixo que non estaba a representar á sociedade galega. "Tenta facer política partidaria", expuxo.

CIUDADANOS

Pola súa banda, a coordinadora de Cs en Galicia, Beatriz Pino, valorou a recuperación da titularidade por parte do Estado do Pazo de Meirás e instou a vincular os futuros usos do inmoble á figura de Emilia Pardo Bazán.

A responsable da formación liberal en Galicia trasladou que desde o seu partido respectan "a decisión da Xustiza" e trasladou á súa felicitación á Avogacía do Estado "por atopar a vía legal" para a súa recuperación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 miñoca

Se o PP e o BNG piden a transferencia da xestión das TORRES DE MEIRAS, teremonos que ir facendo a idea de que os guías poden ser da Fundación Francisco Franco e/ou da UPG. Un momentiño, esto vai de memoria de todo Estado Hispañol, non só da Galiza soñada polo BNG

1 Próculo

A v er, iso é fundamentalmente dos cidadáns coruñeses e contorna que tiveron que pagar baixo ameaza a merca do Pazo.

1 CastelaoPaSogama

O PSOE ten que tentar usar Meirás para desgastar ao PP en Galicia. A Xunta pode denuncialos por faltar á obxecitivdade. Lembro que as bandeiras LGTB+ caeron este ano dos edificios oficiais ante a ameaza de denuncia por parte de Abogados Cristianos.

1 Ailalelo

FEIXÓNETODOLOSSEUS LACAIOSPASOGAMA denuncia quen? Feixoo o Estado? Gahaha e Feixón non usa a Xunta e Galiza contra o PSOE?? cando dixo que 6 no Nadal eran poucos e o Estado dico que 10 logo parécenlle moitoa haha o Pazo é ESTATAL a Junta de Frijol non pinta nada, e ti troll do Pp es un pobre pail...