Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 20:44
O total de vítimas da COVID-19 na comunidade galega ascende este xoves a 1.293 tras confirmarse seis novos falecidos por parte das autoridades sanitarias.
Dous deles producíronse na residencia Vila do Conde de Gondomar, en concreto dúas mulleres de 97 e 93 anos de idade. Un terceiro, un home de 69 anos, rexistrouse no HULA pero procedía da residencia de Vilalba.
O resto de casos foron unha muller de 93 anos no HULA, outra de 89 anos no CHOP e unha terceira no CHUS, de 86 anos de idade. Os seis presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.