Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/06/2013 | Actualizada ás 01:03
Acceso ao programa de acompañamento e networking internacional a participación no curso Ignite Fast Track de la Universidad de Cambridge e unha dotación económica de 5.000 euros. Este é o galardón para a empresa Qubitia Solutions, que gañou este xoves a edición 2013 dos Premios EmprendedorXXI en Galicia.
Qubitia Solutions desenvolveu unha plataforma de software para producir e monitorizar, en tempo real, todo tipo de algoritmos e estratexias de investimento e cobertura para o ámbito dos mercados. Dirixida aos profesionais dos mercados (brokers, xestores de entidades financeiras, etc.), facilita o estudo das súas estratexias de investimento nun ámbito cada vez máis complexo, con maior volume de datos e velocidade da información.
Os Premios EmprendedorXXI son unha iniciativa impulsada por "La Caixa", en colaboración co Ministerio de Industria dende o ano 2007. Forma parte das iniciativas de apoio ás empresas innovadoras con alto potencial de crecemento que leva a cabo a entidade financeira e que canaliza, fundamentalmente, a través da súa xestora de capital risco, Caixa Capital Risc.
O evento contou cunha conferencia de Alfons Cornella, experto en innovación, sobre as novas tendencias en tecnoloxía e negocios.
O Director Territorial de "a Caixa" en Galicia, Marc Arthur Benhamou, o Director Xeral de IGAPE, Javier Aguilera, o Responsable da Área de mediana empresa de ENISA, Pedro Sotoca, e o Conselleiro Delegado de JEALSA, Jesús Alonso, presidiron o acto e entregado o galardón. En Galicia, a iniciativa conta coa organización da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.