Tres novos mortos por COVID, un deles procedente dunha residencia de Pontevedra

Os tres tiñan patoloxías previas. O número total de mortes en Galicia é de 1.306.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/12/2020 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

Tres novos falecementos pola COVID deixan un saldo total de 1.306 mortes en Galicia.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

Unha das vítimas era un home de 88 anos que estaba ingresado no CHUVI de Vigo. A segunda era unha muller de 95 anos ingresada no CHUF de Ferrol.

A terceira morte produciuse no CHOP de Pontevedra e era un home de 93 anos. Esta última persoa procedía da residencia Soremay.

Todos os falecidos tiñan patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta