Temas: NADAL ALLARIZ
1 de 32 en Axenda seguinte

Allariz programa un Nadal cheo de actividades

Entre o 18 de decembro e o 6 de xaneiro haberá sesións de cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro, actividades deportivas, maxia e outras propostas pensadas para todos os públicos.

Por X.M. Fernández | Allariz | 14/12/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A Casa da Cultura de Allariz acollerá as proxeccións de varias películas, dúas para público infantil e dúas atractivas proxeccións para maiores de 12 anos. Para público adulto, dúas son as propostas: o sábado 19 “Una mujer fantástica”, que fala da realidade transxenero e foi gañadora mellor película de fala non inglesa na 90.ª edición dos premios Oscar e o domingo 27 “A Illa das mentiras” película dirixida pola galega Paula Cons, que recupera a  historia de María, Josefa y Cipriana, mulleres que salvaron a vida de medio centenar de persoas no 1921. E para os máis pequenos, "A galiña Turuleca" o mércores 23, e "Zapatos rojos y los 7 Trolls" o mércores 30.

Presentación da programación de Nadal en Allariz. Foto: Prensa do Concello
Presentación da programación de Nadal en Allariz. Foto: Prensa do Concello

No apartado musical, dúas opcións: o concerto da banda "Pauliña A Malfalada", capitaneada pola cambadesa Paula Chaves que presentará o día 2 de xaneiro o seu segundo disco de estudo, e "Os dous porquiños" que actúan o día 3. Ambos concertos na Casa da Cultura.

A maxia este Nadal virá da man do Mago Teto, que se acompaña o tempo será ao aire libre no Campo dos Brancos o día 27, e o teatro chegará coa representación das obras "Cartoons" e "Tres vellas", ás 20:00 h. os días 20 e 26 de decembro respectivamente.

A Área de Deportes organiza a Derradeira Solidaria dende o 24 de decembro ao 6 de xaneiro. Por mor da situación sanitaria derivada da Covid-19, dende a organización decidiuse que neste 2020 a xa tradicional proba que se realiza o último día no ano, na que adultos e cativos participan, se desenvolva de forma distinta. A inscrición será solidaria coma sempre, debendo entregar un quilo de comida os/as participantes, pero a forma de participar este ano farase de xeito individual para evitar aglomeracións. Cada dorsal deberá facer a proba por libre. 

Para os cativos e cativas haberá tamén un campionato de billarda, unha xincana de pistas e unha recepción coas súas maxestades. Non haberá cabalgata, pero os nenos e nenas  alaricanos/as poderán saudalos, gardando as distancias de seguridade.

Para rematar, dende a Area de Mocidade organizan tamén o innovador obradoiro Youtubeiras Concienciadas e un campionato de Arume  Xogal (o trivilal galego) do 26 ao 6 de xaneiro.

Todosos detalles da programación na web do Concello de Allariz.

Temas: NADAL ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta