Seis falecidos máis por COVID en Galicia, un procedía dunha residencia

Todos os falecidos tiñan patoloxías previas. O total de falecementos na nosa comunidade é de 1.312.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2020 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

Seis persoas morreron este domingo diagnosticadas de covid-19, polo que Galicia suma 1.312 falecementos desde o inicio da pandemia, segundo datos de Sanidade.

Un traballador sanitario totalmente protexido acoden a buscar a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020. No centro a situación ac. Carlos Castro - Europa Press

Os falecementos son os dun home de 77 anos e unha muller de 91 falecidos no  CHUF de Ferrol. Unha muller de 71 e un home tamén de 71 mortos no CHUAC da Coruña. Unha muller de 87 anos falecida no  CHUO de Ourense procedente da residencia San Antonio de Beariz e un home de 84 anos morto no  CHUVI de Vigo.

O servizo galego de saúde indica que os falecidos tiñan patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta