Aumentan a catro as escolas infantís e a 67 as aulas pechadas polos positivos por COVID-19

Os casos nos centros experimentan unha leve repunta e soben ata os 902.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/12/2020 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

As cifras da incidencia da COVID-19 nos centros educativos experimentaron unha leve repunta respecto da pasada semana. De feito, incrementouse tanto o número de casos activos como de aulas afectadas e centros que se viron obrigados ao peche debido á pandemia.

Escola infantil
Escola infantil | Fonte: Europa Press

Polo menos catro escolas infantís atópanse clausuradas por directrices das autoridades sanitarias. A última delas foi a Barrio Sésamo 4, do concello de Lugo, tras detectarse un positivo nas súas instalacións.

As outras tres gardarías seguen pechadas desde a pasade semana. En concreto, trátase da escola infantil Chiquis de Pontevedra e Cáritas Tui-Vigo, esta última da cidade olívica, ademais da Ludy de Ferrol, que conta tan só con dous positivos.

O total de casos activos incrementouse, pasando dos 848 contabilizados o sábado a 902 este mesmo martes, do mesmo xeito que as aulas pechadas nos centros educativos, de 48 a 67 (case unha vintena de diferenza).

O punto de maior incidencia atópase na zona de influencia da Coruña. O centro privado plurilingüe La Grande Obra de Atocha non experimentou melloría, de momento, e rexistra 22 positivos e polo menos tres aulas pechadas.

Outro centro especialmente afectado é o IES plurilingüe Pedra da Aguia, do municipio de Camariñas, con 18 positivos e un total de cinco unidades clausuradas. En Fisterra, pola súa banda, o IES Fin do Camiño contabiliza 12 contaxios.

No entanto é a zona de Vigo a que concentra o maior número de casos en centros educativos, con 202 positivos en activo e polo menos 189 aulas e unha escola infantil clausuradas.

Nesta zona destaca a situación do CIFP Manuel Antonio, con 16 contaxios e unha aula pechada, e a CEE Saladino Cortizo, que mantén polo menos catro unidades inactivas debido a nove positivos.

A área da Coruña, pola súa banda, conta con 171 positivos e 13 aulas pechadas, mentres que Santiago sitúase en 158 contaxios e dez unidades, experimentando así unha repunta respecto das cifras da pasada semana.

No resto do territorio a situación mantense en termos similares, tamén con incremento de casos.

A área de Pontevedra conta cuns 147 positivos nos seus centros educativos e polo menos sete aulas e unha escola infantil pechada.

A esta zona séguelle a área de Lugo, con 80 casos e seis aulas afectadas, ademais dunha gardaría, e Ferrol con 77 positivos, cinco aulas e unha escola infantil pechada.

O balance de cifras péchase cos centros da área de Ourense, con 64 positivos e sete unidades afectadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta