Gloria Lago valora militar en política

A voceira de Galicia Bilingüe admite publicamente que pensa se volver a participar nun partido político. UPyD en Galicia podería ser o seu destino.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/06/2013 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

"Desde hace un tiempo me están animando a entrar en política; en política de partido se entiende. (...) Visto lo visto, sería la vía más práctica  para trabajar a favor de los ideales de libertad lingüística y para acabar con el adocenamiento nacionalista que corrompe intelectualmente la enseñanza y la sociedad en general".

Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, á dereita, na presentación da revista Vosotros na Academia Galega de Belas Artes na Coruña
Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, á dereita, na presentación da revista Vosotros na Academia Galega de Belas Artes na Coruña | Fonte: elblogdeglorialago

Quen así fala é Gloria Lago, a voceira do colectivo crítico coa normalización Galicia Bilingüe. A profesora viguesa expón na súa bitácora os motivos que a frenan, pero tamén os que a empurran a dar o salto dende o asociacionismo e incorporarse a un partido. 

Ademais do seu habitual discurso contra o nacionalismo galego, Lago mostra unha liña argumental moi dura coa clase política nunha democracia que di está "enfermando". Así acusa aos cargos de estar interesados unicamente en "mantenerse en sus privilegios y enriquecerse a nuestra costa".

Cal pode ser o partido no que milite?

A Asociación Galicia Bilingüe nunca pediu o voto para unha formación en concreto. Iso si, durante a súa ofensiva mediática contra a suposta imposición do galego durante o bipartito (PSOE e BNG) o seu discurso tivo moito eco entre dirixentes do PPdeG e de UPyD, ademais de outras forzas minoritarias da ultradereita nacionalista española. Por exemplo, membros destas dúas formacións acompañaron a Lago na primeira liña da polémica manifestación en Compostela que rematou con serios incidentes entre mozos nacionalistas e os antidisturbios.

Con todo, unha vez recuperado o poder e comprobado o poder de mobilización que ten a defensa do galego, o Goberno do PPdeG foi marcando distancias con Galicia Bilingüe. A propia Gloria Lago criticou abertamente a Alberto Nuñez Feijóo por incumprir as promesas de "libertad lingüística" que fixera en campaña. A profesora olívica tamén arremeteu publicamente en varias ocasións contra o secretario xeral de Política Lingüística. A súa entrada no PPdeG parece polo tanto improbábel.

No referido a UPyD cómpre lembrar que, a nivel do Parlamento estatal, é o partido que mantén un discurso máis crítico co modelo autonómico. Ademais, en Galicia existe un baleiro de poder na súa cúpula, malia que unha enquisa recente enquisa dálle opcións de entrar no Parlamento Galego.

Este mes José Canedo, candidato á Xunta nas autonómicas, anunciaba que marchaba do partido. Entre as razóns para irse, Canedo apuntaba o protagonismo que na vida do partido teñen entidades externas como Galicia Bilingüe "que nada achegan nin ao partido nin aos cidadáns e co visto e prace da dirección nacional".

Ex-militante de Coalición Galega

Lago di no seu blog que "me gusta comunicar, me gusta organizar, me gustan los retos y luchar por hacer realidad aquello en lo que creo" , pero que "no me gusta la vida dentro de un partido". A continuación pasa a rememorar o seu "buen recuerdo" como membro de Coalición Galega onde "me sentí tratada como la niña mimada" e "iba por libre".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

3 Un ex.coaga

Se gloria Lago andivo por Coalición Galega á que coñecein dende o iterior é porque non se enterba de que ía a cousa. CG non era unha opción de esquerdas nacionalista pero sí tiña nos seus documentos a defensa do galego e de Galicia antes que outras cousas. Logo a Sra. Lago non sei que faria por alí; ao mellor acompañou a alguén un dia e xa cre formar parte do partido.

2 Roi Xordo

¿Gloria Lago en Coalición Galega? Meus Deus!!! Esta señora non sabe por onde anda.

1 Lenguda

E logo que pensabas que era CG? Estaba poboada por xente deste tipo. Eu, por idade, coñecín ese partido e non me extraña nada que esta muller andivera por ali.

1 Xanti

Como la niña mimada, ti nin sabías de que ía Coalición Galega home, e hai testigos diso. Pos home, se os de UPyD xa din que esta muller é extremista mi madriña...