Superado o último trámite para as directrices da paisaxe de Galicia antes da súa aprobación definitiva

Este documento recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego, coa finalidade de preservar e coidar os valores paisaxísticos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángelez Vázquez, avanzou que as directrices da paisaxe superaron o último trámite necesario antes da súa aprobación definitiva, co visto e place do consello asesor da paisaxe.

E é que este consello, reunido este mércores, aprobou o texto que agora pode ser elevado ao Consello da Xunta para a súa aprobación por parte do Goberno galego.

Vázquez subliñou "a importancia de sacar adiante este instrumento de protección da paisaxe" por dúas razóns: porque, segundo dixo, fíxose no marco dun consenso "amplo" e porque se dota á comunidade das primeiras directrices de paisaxe.

Este documento recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego, coa finalidade de preservar e coidar os valores paisaxísticos.

Parlamento de Galicia.
Parlamento de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta