Seis dicionarios audiovisuais para apreciar a diversidade

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social creou seis mostras audiovisuais sobre a vida de inmigrantes en Galicia.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) estreou o 18 de decembro na rede os seus Dicionarios audiovisuais de ida e volta, seis breves pílulas documentais que percorren camiños compartidos entre Galicia e o resto do mundo, da man de seis migrantes de distintas procedencias -Mame, Brenda, Marcelo, Marisol, Cristina e Aranxa- para coñecer máis dos seus países e das súas linguas.

Voluntarias de Agareso mantenñen encontros con asociacións sociais de Marrocos
Voluntarias de Agareso mantenñen encontros con asociacións sociais de Marrocos | Fonte: Agareso

Os vídeos, de entre tres e catro minutos de duración, amosan os camiños migratorios compartidos con Venezuela, México, Honduras, Guinea Ecuatorial, Senegal ou Romanía, a partir das historias de persoas que naceron neses países e que agora viven en Galicia

Estes conteñen galego con sotaque latino, africano ou da Europa do Leste, pero tamén achegan ao español da latinoamérica, ao wolof, ao fang e ao romanés. "O obxectivo é aprender a apreciar a diversidade e a diferenza, reducindo os estigmas asociados á migración, sempre apoiados polo poder integrador das linguas".

Os vídeos foron realizados por Agareso co apoio da Mesa pola Normalización Lingüística e co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Fondo de proxectos Xacobeo 2021 de bens e/ou servizos de carácter cultural e turístico en lingua galega no marco de actuación do Plan de reactivación nos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta