Por E.P. | A CORUÑA | 21/12/2020 | Actualizada ás 18:52
A muller que foi rescatada hai unhas semanas no Parrote por un funcionario municipal e un policía local desprazouse este luns ao consistorio coruñés para agradecerlles o xesto "nun reencontro moi emotivo", informa o goberno local.
A veciña da Cidade Vella, que foi recibida tamén pola alcaldesa, Inés Rey, caeu na auga cando paseaba coa súa filla á primeira hora da mañá. A pouca visibilidade e un mal movemento desencadearon o incidente, que non acabou en traxedia grazas a que a ambos as dúas as socorreron rapidamente coa axuda dun segundo axente.
Unha vez que os servizos médicos a trasladaron ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), ingresou na UCI, pero a súa evolución foi favorable.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.