Un total de 38.000 persoas percibirán o complemento de 206 euros ás pensións non contributivas da Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abonará un complemento de 206 euros, como axuda complementaria, a 38.000 pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, persoas anciás e enfermas con incapacidade para traballar e beneficiarias doutras axudas periódicas, e ás persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) deste luns, o complemento ingresarase de oficio, no dez primeiros días de xaneiro de 2021, a todos os beneficiarvos que reúnan os requisitos, sen necesidade de levar a cabo ningún trámite especial.

Para percibir este complemento, ademais de formar parte dalgún dos colectivos incluídos nas pensións non contributivas, é necesario estar en situación de alta en nómina a 1 de xaneiro de 2020 e permanecer así no momento de entrada en vigor do decreto --28 de decembro de 2020--, así como ter a residencia habitual na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo informou a Consellería de Política Social nun comunicado, a Xunta de Galicia investirá nestes complementos, "de carácter voluntario, impulsados por algunhas comunidades para axudar a aqueles colectivos que máis o necesitan", un total de 8 millóns de euros.

Axudas non contributivas de prestacións familiares
Axudas non contributivas de prestacións familiares | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta