Os medios en galego queren vivir das achegas do seu público

Sermos, Diario Liberdade, Praza e GC piden unha Lei que regule a publicidade institucional pero insisten en que debe ser o público quen máis contribúa a manter os medios no idioma propio. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | | 26/06/2013 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

A nova emisora por Internet Irmandade TV organizou un debate sobre os medios de comunicación en galego. Participaron Olalla Rodil de Sermos Galicia, Mauricio Castro, en nome do Diario Liberdade e colaborador de GC, Marcos Pérez de Praza e o director de GC Xurxo Salgado.

Os informadores teimaron na necesidade de regularizar a publicidade institucional cunha Lei. Ademais, reclamaron que se teña en conta aos medios en galego na percepción destas axudas.

En todo caso  houbo consenso en que, sobre todo, debe ser o público quen forneza vías para a supervivencia dos medios en galego, pois teñen audiencia de abondo para non ter que depender do teto público.

O director do GC tamén insistiu en que aquelas empresas que realicen EREs ou despidan informadores non deberían ter acceso ás axudas públicas. Velaquí a conversa no plató de Irmandade TV:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sermos

Bueno, bueno, bueno. A ver si concretamos. Non é correcto titular con "Os medios en galego queren vivir das achegas do seu público", imaxino que quere decir "Medios de comunicación en galego queren vivir das achegas do seu público". Outra cousa, Sermos non é un medio de comunicación, é un medio de transmisión dos intereses dunha formación politica