'Se galego my friend' novo espectáculo de Sergio Pazos

O cómico ourensán presenta a súa nova obra na Nave de Vidán de Santiago este xoves.

Por GC Tendencias | Santiago | 26/06/2013 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

"Os galegos somos uns seres moi curiosos. Vémolo todo dende unha óptica diferente e temos un humor moi especial. Temos retranca, que tamén axuda".

Sergio Pazos
Sergio Pazos

Así introduce o seu novo espectáculo Sergio Pazos, o actor e cómico ourensán que saltou á fama por ser un dos famosos reporteiros do Caiga quien Caiga. A actuación é este xoves 27 a partir das 21:30 h na Nave de Vidán, o popular restaurante das aforas de Compostela. A entrada vale só cinco euros anticipada e seis na porta.

Pazos promete arremeter contra todos os tópicos: "Temos anuncios que nos contan cómo somos, como o do Gadis: “Vivamos como galegos”.Temos carallo, que nos vale para todo (e para o outro). Tíñamos a Fraga, que tamén nos valía para todo. Temos chistes de galegos. Temos a Deus, que ben pudo nacer en Galicia, e se pode demostrar. Temos Deputacións moi divertidas".

Por iso el berra: Sé galego, my friend, ao igual que Bruce Lee nos decía Be water, my friend.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta