Outros seis casos de covid-19 na Mariña son "compatibles" coa cepa británica

Xa hai un paciente confirmado con esta variante na área de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 31/12/2020 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Os seis casos de covid-19 da Mariña lucense son "compatibles" coa cepa británica, segundo fontes sanitarias consultadas por Europa Press.

Polo momento, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) só confirmou un caso desta cepa nunha paciente da área sanitaria de Santiago procedente do Reino Unido. Así o indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que ratificou que hai outro caso en estudo, ao que se suman os seis detectados na zona da Mariña lucense.

En relación a este último, precisou que se trata dun grupo familiar de cinco persoas de orixe inglesa, ademais dunha sexta persoa que é un contacto estreito. Tras realizarlles unha PCR, e dar positivo, estase á espera agora dun diagnóstico definitivo.

Laboratorio hospitalario
Laboratorio hospitalario | Fonte: EP-Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta