O Parlamento prorrogará ata o 31 de marzo a súa mostra sobre Carvalho Calero

A exposición está integrada por medio centenar de libros e máis dunha vintena de documentos entre os que se inclúe o carné de socio do Seminario de Estudos Galegos e dúas cartas de Otero Pedrayo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia prorrogou ata o próximo 31 de marzo a 'Mostra Bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero', aberta ao público no Pazo do Hórreo e conformada por libros e documentos do arquivo persoal do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020.

Diso informou a Cámara galega nun comunicado, no que explica que, co obxectivo de garantir a distancia social e demais medidas de prevención da covid-19, opta por xestionar as visitas mediante solicitude previa, que pode efectuarse por correo electrónico (presidencia@parlamentodegalicia.gal) ou por teléfono (981 55 13 39 ou 981 55 13 80).

A mostra, inaugurada xunto á presentación do libro 'Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións' editado polo Parlamento, foi coordinada por Pilar García Negro, experta na figura do homenaxeado.

A exposición está integrada por medio centenar de libros e máis dunha vintena de documentos entre os que se inclúe o carné de socio do Seminario de Estudos Galegos e dúas cartas de Otero Pedrayo, entre outro material pertencente ao arquivo de Carballo Calero, depositado no Parlamento de Galicia, desde 1997, xunto coa súa biblioteca.

As visitas á mostra --situada nun dos corredores do Pazo do Hórreo e na sala Carballo Calero da Biblioteca do Parlamento-- se efecutará en grupos reducidos, sempre en función da situación sanitaria do momento.

FONDOS

A que fose biblioteca persoal de Ricardo Carballo Calero, depositada no Parlamento de Galicia, está catalogada desde o ano 2021 e integrada por 4.872 volumes e 197 títulos de revistas.

A maioría dos libros gardan relación coa literatura e a lingüística, disciplinas nas que se centrou o labor profesional do autor, que foi o primeiro catedrático de lingua e literatura galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ademais, conta con obras de historia ou filosofía.

O Parlamento de Galicia custodia tamén o arquivo profesional de Carvalho Calero, descrito en case 3.500 entradas catalográficas. Este fondo documental está integrado por material diverso no que se inclúen manuscritos do propio autor e case 4.000 cartas, entre as que se atopan textos de Fernández del Riego, Montero Díaz, Parga Pondal, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Tomás Barros, Álvarez Blázquez, Rodrígues Lapa ou Sebastián Martínez Risco.

Ademais, a Cámara galega tamén custodia a biblioteca dos irmáns Antón e Ramón Villar Ponche e da escritora Elena Quiroga e o marido desta, Dalmiro de la Válgoma. O catálogo desta colección, do mesmo xeito que o xeneral da biblioteca do Parlamento, pódese consultar a través da web da institución.

Precisamente, o Lexislativo galego destacou que o "exhaustivo labor de catalogación" destes arquivos e bibliotecas e a dixitalización dos arquivos implicou un intenso traballo dirixido polos servizos da Cámara e que contou coa participación activa dos bolseiros seleccionados no marco da convocatoria para a formación práctica de arquiveiros, bibliotecarios e documentalistas.

Exposición do Parlamento de Galicia sobre Carballo Calero. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo
Exposición do Parlamento de Galicia sobre Carballo Calero. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta