O Sergas realizará novos cribados na Illa ante o avance de contaxios

Este concello ten unha das taxas de contaxios máis altas de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2021 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de que realizará os próximos días 8 e 9 de xaneiro novos cribados preventivos na Illa de Arousa  ante o avance dos contagios por covid-19 nesta zona.

Diso informou a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés nun comunicado remitido aos medios, no que indica que este municipio rexistra unha de taxas de incidencia acumulada de casos a 14 días máis altas de Galicia. Ante iso, o Sergas considera de interese preventivo continuar cos cribados poboacionais a colectivos con rangos diversos de idade. O obxectivo é detectar o maior número posible de asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contagios.

Deste xeito, Sanidade levará a cabo novos cibrados voluntarios da poboación de máis de 15 anos con test en mostra de saliva. Os usuarios de 15 ou máis anos de idade con Tarxeta Sanitaria na Illa elévanse a 3.663, dos que 3.057 teñen entre 15 e 69 anos --colectivo ao que se lle efectuará voluntariamente o cribado-- e outras 606 persoas teñen máis de 70 --grupo ao que se lle efectuará voluntariamente unha mostra nasofarínxea".

Para facer estas probas, o Sergas desprazará a 12 profesionais coordinados por un facultativo, que comezarán o traballo o vindeiro venres con seis equipos que entregarán aos cidadáns botes de recollida de mostras de saliva entre as 8,30 e as 19,30 horas.

Cola en cribado de coronavirus realizado en Santiago o 24 de outubro de 2020
Cola en cribado de coronavirus realizado en Santiago o 24 de outubro de 2020 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta