O xurado declara culpable de homicidio á muller que afogou a súa nai antes de ser desafiuzadas

A defensa argumentou, ao comezo do xuízo e ante o xurado, que a procesada ten un trastorno mental.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/01/2021 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

Un xurado declarou culpable de homicidio, por sete votos a favor e dous en contra, á muller acusada de afogar á súa nai en 2019 na Coruña dous días antes de que, en marzo dese ano, fosen ser desafiuzadas do piso de aluguer no que residían.

Na súa declaración, no xuízo celebrado na Audiencia Provincial da Coruña, a muller sostivo que case non se acordaba de nada, aínda que afirmou lembrar "unha almofada" e que a súa nai, que, segundo o seu relato, tiña depresión, dicíalle "mátame".

Por un delito de homicidio, a Fiscalía solicita 14 anos de cárcere. Pola súa banda, a defensa argumentou, ao comezo do xuízo e ante o xurado, que a procesada ten un trastorno mental e que os feitos eran constitutivos dun homicidio imprudente ou, subsidiariamente, auxilio de suicidio.

Para o Ministerio Público, a acusada asfixiou á súa nai dous días antes do desafiuzamento, fixado para o 25 de marzo de 2019, "ben como desenlace dunha discusión entre a acusada e a súa nai derivada do inminente abandono da casa ou ben porque a primeira quixese desprenderse da carga persoal que supuña a súa nai na nova vida que tiña pensado iniciar".

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta