Oprofesorado axudante doutor pode ter dereito a complementos de labor docente, segundo unha sentenza

O xulgado considera que a exclusión deste colectivo "non se axusta a dereito".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2021 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A CIG destacou este venres que unha sentenza xudicial deu a razón ao sindicato nas súas reclamacións para recoñecer o dereito a complementos de labor docente e investigadora ao profesorado axudante doutor.

En concreto, segundo indica, o xulgado considera que a exclusión deste colectivo "non se axusta a dereito" e que non se pode diferenciar esta figura doutras temporais, ao entender que non existe elemento concreto, obxectivo e transparente que xustifique que este persoal "careza do dereito de ver remunerado o seu esforzo formativo do mesmo xeito que o de carreira ou permanente.

A fundamentación xurídica refírese a a doutrina ditada polo Tribunal de Xustiza da UE, que sinalou en reiterados pronunciamentos que o tempo desempeñado no exercicio profesional debe ser retribuído por igual con independencia do vínculo laboral.

En todo caso o fallo non é firme, aínda que a CIG insta a non pór "obstáculos" na extensión do pago de lestes complementos a todo o profesorado axudante doutor.

Estudantes asisten a unha clase na Universidade de Vigo. UNIVERSIDADE DE VIGO
Estudantes asisten a unha clase na Universidade de Vigo. UNIVERSIDADE DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta