Simón Rego toma posesión como membro do Consello de Contas nun "auténtico cambio de época"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/01/2021 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Simón Rego Villar tomou posesión este luns como membro do Consello de Contas nun acto no que afirmou, apelando a que xa son moitas voces de distintos sectores os que ratifican que non estamos ante "unha época de cambios, senón ante un auténtico cambio de época".

Toma de posesión de Simón Rego Villar como novo integrante do Consello de Contas. Acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente do Parlamento, Miguel Santalices
Toma de posesión de Simón Rego Villar como novo integrante do Consello de Contas. Acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente do Parlamento, Miguel Santalices | Fonte: Parlamento de Galicia.

Co reto da implantación das novas tecnoloxías como un factor tamén de futuro, dixo, Simón Rego tivo palabras para a súa predecesora no cargo, Beatriz Rodríguez, que faleceu o pasado verán. "Referente no ámbito do sector público", destacou dela.

Rego, que previamente compareceu na Comisión Institucional da Cámara galega, destacou o "privilexio" que supón para el formar parte desta institución, que emitiu preto de medio milleiro de informes.

Para o novo integrante deste órgano fiscalizador, é preciso que as novas tecnoloxías sexan claves neste futuro, no que debe primar un principio de racionalidade no sector público. Así, apostou por novos perfís para atacar as cíberameazas e defendeu as auditorías dixitais. "Espero humildemente", dixo, cumprir co "papel de garantía de control" na xestión do diñeiro público de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pode comezar a buscar os cartos que Abel Caballero emprega no seu programa semanal "Vigo de Cerca" e que TeleVigo retransmite 3 veces por semana en diferido ! Ao mellor atopa algúns centos de miles de euros públicos adicados exclusivamente a facer propaganda dun político en activo !