Anova e o BNG dialogan sobre as europeas

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/07/2013 | Actualizada ás 23:18

Comparte esta noticia

Unha representación da Executiva Nacional do BNG, formada polo portavoz nacional, Xavier Vence, polo secretario de Organización, Bieito Lobeira, pola secretaria de Implantación e Estratexia Municipal, Goretti Sanmartín, polo secretario de Comunicación, Xosé Antonio Rubal e polo secretario de Acción Social, Rafael Vilar, mantivo esta tarde un encontro cunha delegación de Anova, constuída por Xosé Manuel Beiras, Luís Eyré, Antón Sánchez e Carlos Meixome. 

Beiras e Yolanda Díez valoran os resultados de AGE
Beiras e Yolanda Díez valoran os resultados de AGE

As dúas forzas recoñecen boa sintonía. Dende ANOVA constatan que existe unha grande coincidencia na análise, diagnose e valoración do estado de crise económica, social e política, froito da agresión do capital financeiro contra a maioría social

Pola banda da fronte explícase que "os representantes de ambas formacións coincidiron na necesidade de establecer marcos de colaboración que permitan avanzar na unidade de acción das forzas nacionalistas galegas co obxectivo de dar resposta á grave situación pola que está a pasar o país e que tanto o BNG como Anova identifican nas súas análises".

Pode este diálogo plasmarse nunha candidatura común de cara as eleccións europeas? Anova presentouse, e tivo moito éxito, ás eleccións galegas canda Esquerda Unida. O Bloque non pactará con EU, por ser unha forza estatal. Isto sitúa a ANOVA diante da posibilidade de escoller socio.

Ningunha das dúas forzas dá moitas pistas sobre unha posíbel reencontro. O BNG defende como "necesaria" unha candidatura de unidade nacionalista que "garanta a defensa dos intereses do país.  ANOVA é aínda máis prudente na súa valoración do "intercambio de información sobre o abano de posturas que barallan ambas formacións sobre as eleccións europeas."

O profesor e líder do BNG Xavier Vence
O profesor e líder do BNG Xavier Vence | Fonte: amaneiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

11 Un Nacionalista

Un lee os comentarios e son tremendas as cousas que se din. Pero o máis penoso é a envexa, tirria e odio que se teñen uns e outros. É moi complicado falar de aunar forzas cando antes de nacer a unidade nos mesmos tentamola rachar. Entón a pregunta é ¿ Somos de verdade soberanistas? ¿ Creemos no autogoberno? Coido que non, entre outras cousas porque "algúns políticos" miran en como ser o centro de atención en lugar de ser a solución e falo dende o BNG, ANOVA, CXG......... E decir importaches ben pouco a soberanía.

10 espinete

Vai aceptar Beiras ir de segundón? NOM Vai aceptar os do BNG ser os segundóns de Beiras? NOM Se cadra botaron unha partida de tute ou escoitaron as zarzuelas de Paco co Beiras no piano porque outra cousa...

9 Ana

Canto mais forte sexa o nacionalismo galego, mellor lle ira a Galiza. Hoxe mais ca nunca precisamos unha Galiza soberana para defender mellor os nosos intereses na UE e no resto do mundo.

8 Maquis contra AGEstapo

Os de moi baixo nivel intelectual non ven que aquí non pode haber unidade porque hai un esceario dos que defenden a liberdade de decisión dun pobo (soberanismo) cos que plantexan a tiranía da unidade forzosa. Tratase de abrir un debate sen condicións sobre a convenencia económica e social sobre o status que como pobo debemos ter, como se está a facer por exemplo en Escocia. Algo que a traidores coma o oportunista Pétain e os mariachis da sua seita xunto cos xacobinos españois non lles interesa, porque están cimentados de mentiras e falsedades. Falan de prioridade da loita de clases sobre o soberanismo cando o soberanismo e a antimperialismo forman parte esencial da loita de clases. Falan de ir contra as políticas corruptas neoliberais pepeiras e fan as mesmas políticas corruptas neoliberais en Andalucia.

1 lector desconcertado

Viva el PSOE y los asientos en la diputaciones! Hala, ide dar un paseo

2 Maquis contra AGEstapo

Iso é todo o que a mononeurona che pode dar?. Culpar en solitario ao Bloque de decisión anteriores coas que eu persoalmente nunca estiven dacordo e das que foron tan culpables as direccións actuais dos posmodernos españolistas? Polo menos non teñen a hipocresía de electoralistas "Rebelate" para logar poner a fiscalía a encadear os poucos bós que teñen coma Cañamero mentras están inzados de actor de corrupción coma os falsos ERES. Eres tan simplón que crees que un deputado de IU vai defender os nosos intereses en Europa? Namentras non expulsemos o españolismo da nosa escea política estaremos condeados tanto coma pobo coma culturalmente. Canto tempo ides vivir dos réditos do medo, da mentira, da traizón, da imposición unitaria a da forza?. Vai dar un paseo a Lourdes anda, a ver se che cae un cerebro con capacidade de razocinio.

3 lector desconcertado

gracias amigo. Saludos a Antón Louro.

7 Eu non

O país dos ananos! Resulta patético comprobar como coa GpS en marcha, o BNG, CGZ e NOS-UP van sos ao 25 de Xullo. E máis patético ainda que coa GpS recen saída do forno, o BNG sente o cu con ANOVA, a procura dos votos das europeas. O soberanismo real debe baixar do ceo e por os pes na terra; abandonar posicións maximalistas e deixar de ir correndo a cada chamada destes indecentes.

1 Ameneiro

Quen dis que son os indecentes?

2 bom_caralham

Totalmente de acordo com Eu non. Ou arre ou xo. Esta visto que, ainda havendo gente independentista no seu seo, ANova não é uma força soberanista alem da soberania que possa dar uma república federal espanhola (soberania outorgada, não conquerida). Já que logo, o seu é sentar os pés na terra e tirar polo soberanismo real, o Estado galego e não a federação galega dentro do Estado español modelo de AGE.

3 Ameneiro

Ese discurso pareceria-me bon en calquera país onde o soberanismo (en calquera das súas formas) fose senón maxoritario, polo menos significativo. Na Galiza, da-se a pequena circunstancia que o 90% das Institucións están en mans de partidos non soberanistas. E a mobilización social está moi por debaixo do 5% nos mellores casos. Logo cal é o camiño para superar ese 15% social?

4 bom_caralham

E conseguira-se que o soberanismo seja maioritário ajudando a forças não soberanistas na sua escalada social e institucional? Que paradoxo! O "não é o momento" já não funciona...

5 Comunista

De nada serve que repitades a ladaíña goebbeliana que vos manda o Zarzuelas. ANOVA non é soberanista, ANOVA é independentista. Pese a quen lle pese.

6 Ameneiro

Bom_carallam, nom sei que se vai conseguer nem que nom. Sei que é umha via, arriscada, mas umha via diferente das que se intentou, e que eu hoxe por hoxe non vou seguer. Mas tampouco vou condea-la. Se funciona, mellor para Galiza, e senón funciona, eu seguirei a ter xenerosidade con os compañeiros e compañeiras que intentaron outra via "suicida" para este Povo, como foi o autonomismo e outras. Mas condear as propostas diferentes, cando as nosas estan-nos a levar á desaparición, cando menos, parece-me de tolos.

7 Eu non

Se cadra as cousas non mudaron tanto: o antigo BNG (agora BNG-ANOVA) segue o camiño cara ningures, e os dados e o tempo dan a razón. O independentismo continua na nube, automarxinándose... Será tan complicado recuperar o espíritu da ANPG, con traballo popular na rúa, nos bairros, nos talleres... mais tamén coa visión clara do que se quere dunha vez. Non pode ser que hoxe vaiamos cara un lado e mañá para outro.

8 Ameneiro

Aí teño unha opinión diferente. Despois de mais de 35 anos de soberanismo, ninguén acertou con conseguer unha base social ampla, consciente e consecuente. Hoxe en dia, tampouco temos claro que temos que facer. E mentres Galiza esmorece. Ninguén recoñece os erros que cometeu e que teñen consecuencias no presente. Todos somos hiper-mega-guais, e moi puros. Por eso, a pluralidade de alternativas, hoxe en dia, para min é positivo porque, o que estavamos a facer ate o de agora, todos, demostrou como mínimo non ser suficiente, así que empeorar moito tampouco o imos facer; e se algunha das alternativas trunfa (e non falo de electoralmente), eso é o que gañamos. Eso sí, mentres teñamos xenerosidade e sexamos Persoas cos outros nacionalistas que non pensan exactamente como nós. E aprender iso non é sinxelo mas si imprescindible para os tempos que están a vir.