O "temor" de máis de 1.000 traballadores da Xunta: de pasar anos en situación "irregular" ao risco de despido

O "97%" dos traballadores do Consorcio Galego están en situación "irregular". Segundo a CNT, Política Social pretende renovar "canto antes" este persoal para esquivar unha regulación na que traballa o Goberno Central e que podería obrigar a facelos fixos. Ante estas circunstancias, a Xunta vén de lanzar unha oferta pública de emprego que podería deixar na rúa a persoas que levan 30 anos traballando con contratos temporais. Desde a Xunta lembran que ese proceso está regulado no acordo asinado con todos os sindicatos en 2017.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Albíscanse nubes de tormenta sobre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. A tan criticada política de contratación da administración Feijóo podería poñer en problemas á conselleira Fabiola García, que, previsiblemente, terá que facer fronte ás protestas dos máis de mil traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A razón? Que poderían rematar na rúa logo de décadas traballando en situación irregular

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA

"É un drama", resume o traballador Pablo Fernández Lois, hoxe afiliado á CNT. Como a inmensa maioría dos seus compañeiros, Fernández Lois chegou ao Consorcio grazas a un contrato temporal. Hoxe, 13 anos despois, segue no seu posto sen un contrato fixo e cun horizonte moi dubidoso pola oferta pública de emprego publicada no DOG o pasado 29 de decembro.

A problemática do Consorcio é que a práctica totalidade dos traballadores --97% segundo a CNT-- están nunha situación irregular de difícil solución. A lei española dá ás administracións un prazo máximo de 3 anos para manter un traballador en situación temporal sen facelo fixo. No Consorcio, explica Fernández Lois, hai persoas que levan ata 30 anos encadeando contratos temporais; estando, en consecuencia, en fraude de lei.

"Eu teño un contrato temporal, dende hai máis de 13 anos, e polo tanto, estou en fraude de lei. O mesmo lle pasa ás máis de 1500 compañeiras deste ente público, na maioría mulleres", apunta Lorena, unha traballadora social a GC.  Así, destaca que xa solicitaron por varios medios  audiencia para dialogar coa Xunta e coa xerencia, sen ter resposta.  Por iso levan realizando xa varias protestas, a seguinte será unha concentración, o xoves 28, nos Servizos Centrais do Consorcio, en San Lázaro.

CONTRATACIÓN TEMPORAL

Aínda que a administración Feijóo é boa amiga da contratación temporal --ou iso din os traballadores do Sergas-- o fraude de lei é unha problemática presente en boa parte dos empregados públicos de todo o Estado español. O pasado mes de xullo, o Goberno anunciou que traballaría para tratar de "estabilizar" a situación destes traballadores, que suman un total de 800.000 postos.

A sorprensa dos traballadores do Consorcio chegou co anuncio dunha oferta pública de emprego por parte da Xunta. Segundo explican, a Consellería de Política Social, no canto de agardar á regulación do Goberno, decidiu lanzar unha oferta que podería rematar reemprazando á totalidade destes traballadores. "A Xunta non ofrece datos concretos das prazas que serán ofrecidas, pero os cálculos indican que podería deixarnos na rúa a todos".

ESQUIVAR A REGULACIÓN DO GOBERNO

Para Fernández Lois, o anuncio da Xunta obedece á intención de esquivar a lexislación estatal, que podería resultar máis garantista con respecto ao mantemento dos seus postos de traballo. "Están acelerando a OPE", explica o sindicalista, que critica o cariz "propagandístico" da medida. "Véndese como un reforzo pero só vai supoñer a substitución do persoal", explica.

Para o sindicalista, a ameaza do recambio resulta especialmente preocupante polo perfil de boa parte do persoal. "Moitas persoas terían dificultades para volver ao mercado laboral despois", explica Fernández Lois a respecto de persoas de "entre 40 e 50 anos". "Moitos deles, ademais, teñen cargas familiares e tampouco poden estar estudando 8 horas ao día", engade.

Ante estas circunstancias, os traballadores do Consorcio anuncian que preparan mobilizacións ante a sede compostelá da entidade. A concentración, prevista para ao vindeiro xoves 28, pretende que o Goberno de Feijóo desista no intento de lanzar a OPE --como xa aconteceu en Canarias-- e agarde a que a lexislación estatal estea lista. O Consorcio é responsable da xestión das gardarías Galiña Azul, entre outros servizos públicos.

ACORDO SINDICAL

Pola súa banda, fontes da Consellería de Política Social destacan que este departamento non ten implicacións nesta problemática porque o proceso ríxese por un acordo de 2017 entre a Dirección Xeral de Función Pública "e todos os sindicatos, incluida a CIG" co obxectivo de "reducir a temporalidade" na Administración pública.

Así, lembran que o Consorcio Galego do Benestar creouse no 2006, co bipartito, e que no 2007 xa se fixo un exame no que se incorporou á maior parte do persoal que traballaba nel. "O problema é que este persoal quedou como temporal", indican. "Agora o malestar está en que ante a regulación da súa situación hai quen quere que o proceso selectivo se faga doutro xeito", indican. En todo caso, desde a consellería destacan que xa a experincia conta un 40% no proceso, que é un concurso-oposición. "Nós cremos que é bo a estabilización do persoal", engaden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Daira

Quintana creouno, pero non botou máis de dous ou tres anos aí. O pp leva doce anos xestionando o Consorcio. Xa vale con esa leria

4 Anduriña

Haberá que estudar e aprobar unha oposición como fixemos todo dios para ser funcionarias. Queredes entrar polo morro e a xente que está fora que se foda.

1 Frant

A túa debeu ser unha oposición tipo test, entre a mala redacción e as faltas de ortografía non aprobas nin a ESO. Avante toda!

2 Ailalelo

Do Pp non? Cobrarías a extraordinaria parece, ti solidariedade entre traballadores nada

3 Dalle que libras

O chiringuito de Anxo Quintana onde foron enchufados centos de militantes do BNG

1 Non libras, oh

Centos de militantes? Por centos só vos contades no PP. PD: dÁlle, do verbo dar, leva til. Cóidate e moitos beixos!

2 Pablo Rivera

Treinta años seguidos de interinos. En fin. Y aún se quejan. Vaya coladero . Estará contento Núñez Baltar, digo Núñez Feijoo

1 Sonia P.

En 13 anos non lles preocupou a temporalidad. So ahora que saen a oposición. Somos moitas as sustitutas que cubrimos, cada día nunha escola diferente, as baixas, vacaciones, licencias etc de esa xente que ten a sorte de ttaballar seguido no mesmo sitio. Tamén merecemos Unha posibilidad de estabilidade que nos rouban cada ano que pasa sen convocar as prazas. Fagan probas obxectivas dunha vez e que quede coa praza quen a merezca

1 Loflipo

A pregunta podería ser, como se pode traballar nunha escola cometendo a cantidade de faltas de ortografía que ti cometes? Contei dez sen pararme moito... por favor!