Temas: CRISE EMPREGO

A contratación temporal en Galicia caeu un 31,7% durante 2020 "pola crise"

Randstad indica que caeu máis a nivel galego que estatal.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/01/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A contratación temporal en Galicia caeu un 31,7% durante 2020 "por culpa da crise", segundo Randstad, que indica que o "esborralle" dos contratos de duración determinada no territorio galego é 2,4 puntos máis acusado que a media estatal (-29,3%).

Dous camareiros afánanse en recollen a terraza do bar como consecuencia  do toque de queda imposto polo Goberno para poder frear a pandemia
Dous camareiros afánanse en recollen a terraza do bar como consecuencia do toque de queda imposto polo Goberno para poder frear a pandemia | Fonte: Álex Zea - Europa Press.

A nivel provincial, Pontevedra, con 293.850 firmas, e A Coruña, con 263.363, son as líderes en contratos temporais en Galicia.

Mentres, no conxunto estatal, o emprego doméstico (-5%), a agricultura (-8,2%) e a loxística (-9,6%) son os sectores nos que menos cae a contratación temporal.

A pesar das circunstancias, a agricultura, a industria manufactureira, a hostalaría e o comercio supoñen o 52% de contratos temporais de todo o país.

Temas: CRISE EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta