As axencias de viaxes, as outras esquencidas da crise que denuncian "desamparo" da Xunta

Din que o Goberno galego "non conta con elas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

A Asociación Galega polos Dereitos das Axencias de Viaxe (Agadav) denunciou o "desamparo" no que se atopan por parte da Xunta nun contexto no que as restricións implican "o cesamento de toda actividade" do seu sector e esixiron axudas.

Nun comunicado remitido aos medios, a asociación sinala que non poden vender dentro da limitación que sofren desde marzo de 2020, situación á que se suma agora o peche total da actividade sen que este tipo de negocios estean contemplados dentro das novas medidas presentadas pola Xunta.

"Levamos reclamando axudas directas ao noso sector desde o inicio da pandemia, obtendo cero respostas desde o Goberno da Xunta, non nos contemplan como sector afectado dentro das novas limitacións, sendo a mobilidade o noso produto", sinalan. A asociación asegura que as axencias de viaxe están "totalmente esquecidas e desamparadas" pola Xunta, á que piden desde hai meses unha reunión con urxencia.

Turistas no Obradoiro na ponte da Constitución. EUROPA PRESS - Arquivo
Turistas no Obradoiro na ponte da Constitución. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta