Gonzalo Caballero acusa á Xunta de evitar explicar a vacinación de persoal que estaba fóra dos protocolos

O líder do PSdeG celebra os "50 millóns" da Xunta para a hostalaría logo de que os socialistas propuxesen dúas horas antes un rescate ao Clúster do Turismo por 62 millóns.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 22/01/2021 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para que informe no Parlamento de Galicia do uso "irregular" de 17 vacinas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Así o reclamou este venres durante a súa visita ao municipio lucense de Vilalba e despois de que na xornada do xoves o Servizo Galego de Saúde (Sergas) recoñecese que se vacinaron a un total de 17 persoas, que identificou como informáticos de centros da área sanitaria de Pontevedra, aos que non lle correspondía nesta fase por "erro".

"Os responsables da área sanitaria están a evitar explicar con claridade que é o que ocorreu nos centros hospitalarios de Pontevedra nos que se administraron vacinas a persoas que non estaban nos protocolos establecidos", sinala Gonzalo Caballero, que incidiu en que Comesaña debe informar deste caso en sede parlamentaria.

Así mesmo, na súa visita, volveu a reclamar que a Xunta reforce o sistema sanitario para que todas as vacinas que cheguen a Galicia sexan usadas coa "maior celeridade", "que non queden nos conxeladores nin un día, de forma que na medida na que estean dispoñibles úsense con carácter inmediato", manifestou.

AXUDAS Á HOSTERÍA

Ademais, na súa intervención, Gonzalo Caballero celebrou que a Xunta "reaccionase" e anunciase "que ía incrementar en 50 millóns" os fondos para a hostalaría e o turismo, "dúas horas despois de que o PSOE propuxese ao clúster de turismo un rescate con 62 millóns de euros". Neste sentido, celebrou que o Gobiero galego "reaccionase" e "empezo a tomar medidas" para un dos sectores máis afectados polas restricións para facer fronte á covid-19.

Todo iso nunha intervención na que pediu fuxir de "debates gratuítos e estériles" sobre as restricións. "Cremos que se deben de tomar todas as medidas para loitar contra o virus, contra a terceira onda, e prever todos os escenarios que se poidan dar", apuntou.

REIVINDICACIÓNS DE VILALBA

Gonzalo Caballero visitou este venres o municipio lucense de Vilalba, onde mostrou o seu apoio e puxo en valor o proxecto da alcaldesa socialista, Elba Veleiro.

Precisamente, a rexedora reivindicou a necesidade de que o Goberno galego comprometa coas necesidades do muncipio, entre as que situou a contrucción dun centro de día, o arrglo da estrada LU--119, así como o apoio para facer fronte aos gastos do servizo de axuda ao fogar.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta